Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Teatro en Mera: 'Os dous de sempre'

Os dous de sempre
Os dous de sempre
Cedida

'Os dous de sempre', de Mofa & Befa, dirixida por Quico Cadaval, chega ao auditorio Gabriel García Márquez este sábado 3 de setembro ás 20:30 horas.

'Os dous de sempre', de Castelao, chega a Mera convertida nunha obra de teatro da man Evaristo Calvo e Víctor Mosquera, o famosísimo dúo de actores cómicos que forman parte xa do río do humor galego.

Os protagonistas Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto club, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor.

O espectáculo está dirixido público adulto (maiores de 13 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada está dispoñible a partir do domingo 27 de setembro ás 12.00 horas a través de https://www.giglon.com/todos?idEvent=mofa-befa-os-dous-de-sempre ata ás 19.00 horas do sábado día 3 de outubro, e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

Fecha Iniciosábado, 3 de octubre de 2026 20:30

LugarAuditorio Gabriel García Márquez

Dirección A Coruña

Mapa de ubicación