Agenda
Música na rúa en Santa Cruz

O sábado 18 de xullo en horario de 20.30 a 22.30 terá lugar a actuación de Sophie Simonds na Praza do Exilio en Santa Cruz. Versións pop e temas propios farán as ledicias do público asistente.
O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.