Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

(Re)existencia, de Lumedoloop

Lumedoloop
Lumedoloop
Bastian Rodriguez

Lumedoloop, o trío compostelán conformado por tres figuras imprescindibles da escena urbana galega -Jamas, Møu e DJ Mil- presentará o seu álbum debut, (Re)existencia, esta fin de semana na Coruña. A sala Filomatic  acollerá a estrea na cidade dun disco conceptual que é moito máis que un conxunto de cancións: é un mapa de navegación para tempos convulsos.

(Re)existencia avoga por vivir con conciencia e celebra a creación artística como ferramenta de resistencia, pensamento crítico e festexo colectivo. Desde o nacemento de Lumedoloop en outubro, a banda foi trazando o percorrido da súa proposta a través de distintos avances e declaracións de intencións.

Con Rico de Sabor, o trío reflexionaba sobre o materialismo afectivo fronte á precariedade económica e, con Rap Cru, abordaba a celebración da creación pura, libre de aditivos comerciais, como acto de renacemento. Con Non Traio Un Laio, a formación erguía a voz contra a submisión lingüística, o desarraigo cultural e a favor do apoderamento da lingua galega cun himno de orgullo e de resistencia identitaria; e con Involución asinaban un manifesto o contra a involución social, sinalando o capitalismo depredador, a progresiva lexitimación da ultradereita e o papel das élites económicas e mediáticas. O último manifesto e, á vez, o centro emocional do disco, é Fíos de Cor, un relato sobre a protección, a aceptación e a aprendizaxe, de mirar ás sombras de fronte e aprender a convivir con elas.

LUMEDOLOOP + SAIBRAN
LUMEDOLOOP + SAIBRAN

A presentación de (Re)existencia terá lugar o mércores 1 de abril na Filomatic. Nestes concertos, Lumedoloop acompáñase de Saibran, banda emerxente do país que lidera un outro gran nome do rap en galego: Cibrán García. A intención deste dobre concerto non é outro que celebrar, de forma conxunta, o bo momento que está a vivir a escena urbana do país e a súa intensa efervescencia creativa.

PRESENTACIÓN (RE)EXISTENCIA, DE LUMEDOLOOP

SALA FILOMATIC (A CORUÑA)

1 de abril, 22:30h

Entradas en https://entradium.com/events/lumedoloop-saibran

Fecha Iniciomiércoles, 1 de abril de 2026 22:30

LugarSala Filomatic

Dirección Rúa San José, 21, 15002 A Coruña, España

Mapa de ubicación