Agenda
Sés presentará 'Nadando na incerteza' en A Coruña

Sés
Cedida
A cantante e compositora Sés chega á Coruña o sábado 10 de xaneiro ás 20:30 horas, cun concerto no Teatro Colón dentro da xira de presentación do seu novo libro-disco Nadando na incerteza, que verá a luz o 28 de novembro.
As entradas estarán dispoñibles desde o luns 17 de novembro ás 12:00h a través de Ataquilla.com.
O concerto na Coruña será unha das primeiras paradas da xira e promete unha noite de emoción, forza e palabra.
“Neste disco busco volver á canción en estado puro, sen adornos, cunha mensaxe directa e sincera”, afirma a artista.