Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Cabalgata de Reis en Bergondo

Cabalgata de Reis en Bergondo
Cabalgata de Reis en Bergondo

O próximo luns, 5 de xaneiro, chegarán a Bergondo os Reis Magos acompañados dos seus paxes, onde percorrerán o municipio na xa tradicional cabalgata.

Se o tempo o permite, a ruta por todas as parroquias comezará ás 14.30 horas, desde a Casa da Cultura, e prolongarase ata as 18.40 horas, cando se espera que cheguen ao Pavillón de Guísamo para recibir á rapazada con roscón e unha gran chocolatada. A partir das 17.30 horas no pavillón haberá unha festa infantil na que, ademais, poderanse comprar detalles de Manualidades Ana e Lola e rifas para un sorteo da Comisión de Festas de Guísamo.

O itinerario deste ano pode consultarse na seguinte ligazón de Wikiloc https://loc.wiki/t/195579429?wa=sc na que, o mesmo día 5 de xaneiro, tamén se poderá seguir en tempo real a cabalgata. Os horarios son aproximados e desde o Concello prégase que non se aparque no percorrido da cabalgata.

Fecha Iniciolunes, 5 de enero de 2026 14:30

LugarBergondo

Dirección Bergondo

Mapa de ubicación