Agenda
Obradoiro lugrisiano

Obradoiro lugrisiano
O mércores 3 de xuño ás 19:30 horas a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda contará con un obradoiro lugrisiano.
Queren darlle impulso e forza á manifestación do domingo 7 de xuño, A Coruña pola beleza, en defensa dos murais de Urbano Lugrís, e que a preparemos xuntos. Por iso estás convidada a este obradoiro performático de cantos, paraugas e pancartas para que as ondas do mar asolaguen a cidade toda. A ver se entre todos se fai unha gran pancarta cosendo farrapos de MAR.
A actividade é aberta e sen inscrición previa.