Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

A Coruña lembra a Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento

El Sellier Film Fest se iba a celebrar en el Circo de Artesanos
El Sellier Film Fest se iba a celebrar en el Circo de Artesanos
Pedro Puig

A cidade da Coruña acollerá un acto de homenaxe a Antón Vilar Ponte con motivo do 90 aniversario do seu falecemento, o vindeiro 3 de marzo no Circo de Artesáns ás 19.30h. A iniciativa está organizada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e polo coro Cántigas da Terra, entidade que o propio Vilar Ponte chegou a presidir entre 1927 e 1929.

A Coruña lembra a Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento
A Coruña lembra a Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento

Nado en Viveiro en 1881, foi unha figura clave do galeguismo, impulsor das Irmandades da Fala, director de A Nosa Terra e membro da Real Academia Galega. Deputado nas Cortes da II República e autor de Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, Vilar Ponte deixou unha pegada fonda na cultura e na conciencia política de Galicia.

O acto servirá para reivindicar a súa memoria e actualizar o seu legado noventa anos despois da súa morte na cidade herculina.

Fecha Iniciomartes, 3 de marzo de 2026 19:30

LugarCirco de Artesanos

Dirección R. San Andrés, 36, 15003 A Coruña, España

Mapa de ubicación