Presentación de “Cúan Lonxe, Cánto! O legado poético de Sir John Moore”

O vindeiro luns, día 24 de novembro, ás 20.00 horas, preséntase na Asociación Cultural Alexandre Bóveda o libro “Cúan Lonxe, Cánto! O legado poético de Sir John Moore”, unha edición de David Clark publicada por Medulia Editorial.
Este libro bilingüe afonda na converxencia de tres figuras cuxa unión no século XIX debeu moito ao azar e á serendipia: o militar escocés Xeneral Sir John Moore o poeta irlandés Charles Wolfe e Rosalía de Castro, a gran poeta da lingua galega.
Na presentación intervirá o editor da obra, David Clark Mitchell, profesor titular de Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña (UDC) e Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses “Amergin”. As súas principais liñas de investigación céntranse na literatura escocesa, irlandesa e galega, e nas relacións culturais entre as tres.