Agenda
Cineclube: estrea ´A Casa da Luz´

Cineclube A Casa da Luz
Cedida
Estreamos nesta ocasión o filme de Carlos Amil, “A Casa da Luz” no Teatro Alfonsetti de Betanzos en colaboración co Concello de Betanzos.
Este filme foi rodado en Betanzos e finalizouse no ano 2010. E unha adaptación da novela homónima de Xabier Docampo e Obtivo o premio do público infantil na 5ª edición do Festival Internacional de Cinema para nenos de Galicja, celebrado no 2012.
A continuación da proxección teremos un coloquio contando coa presenza do director, Carlos Amil, e do produtor da película, Xoan Xosé Cabanas Cao.