Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Viñetas en Vegliota en Culleredo

Ayuntamiento de Culleredo
El Ideal Gallego

O Colectivo das Pedras Galladas leva a Culleredo a banda deseñada galega con Viñetas en Vegliota, de Uxío Pérez López

O Burgo acollerá o vindeiro xoves 26 de marzo ás 19:00 a presentación do libro Viñetas en Vegliota, do autor Uxío Pérez López, nun encontro que terá lugar na sala de reunións dos Servizos Múltiples do Burgo (2º andar).

A actividade, organizada polo Colectivo das Pedras Galladas, propón un achegamento á banda deseñada galega non só como formato artístico, senón tamén como ferramenta para comprender o contexto social, cultural e político no que naceu e se desenvolveu. A través desta obra, Uxío Pérez López achéganos o nacemento, historia e importancia da BD en Galicia, destacando o seu carácter reivindicativo e o seu papel dentro da cultura do país.

O encontro combinará a presentación do libro cunha conversa arredor da evolución da banda deseñada e do seu papel galeguizador. Ademais, estará presente a editorial Baía Edicións, polo que as persoas asistentes que o desexen poderán adquirir o libro no propio evento e levalo asinado polo autor.

Máis información sobre o evento pode consultarse na web do colectivo:

Fecha Iniciojueves, 26 de marzo de 2026 19:00

LugarSala de reunións dos Servizos Múltiples do Burgo

Dirección Culleredo, La Coruña, España

Mapa de ubicación