Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

EGAP| Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2026

EGAP
EGAP
arquitecturadegalicia.eu

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) mantén aberto o prazo de inscrición para participar no Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2026.

O concurso, co que se pretende incentivar a creatividade literaria a través do uso da lingua galega, está dirixido a nenas e nenos con idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, de 9 a 11 anos e de 12 a e os 14 anos. E, ao igual que na convocatoria anterior, prevese novamente a posibilidade de que os traballos poidan ser presentados tanto de forma presencial como electrónica.

Os contos que se presenten serán de temática libre e deberán redactarse en lingua galega, cunha extensión mínima dunha páxina e máxima de cinco.

En cada unha das categorías daranse tres premios en metálico que irán desde os 150 euros ata os 250 euros e o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contando a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia (8 de abril).

Fecha Iniciomiércoles, 22 de abril de 2026 18:28

LugarEGAP

Dirección Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, España

Mapa de ubicación