Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao

O programa de Bibliotecas da Coruña presenta unha nova actividade dentro do programa 'Ando na Coruña'. Da man do escritor Rober Cagiao, propoñen un percorrido a cidade literaria e a cidade real que lle serviron de inspiración para as súas obras, obras que serán o fío condutor da actividade, bautizada como 'A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao'.

Cadea da favores é o seu decimosexto libro da man de VR Editorial e Calacán editora. Con máis de 160 mil libros vendidos e un dos autores máis prolíficos da nosa literatura de corte negro e misterio.

As dúas primeiras sesións, os mércores 6 e 13 de maio, terán lugar nas instalacións da biblioteca. Nelas, Rober Cagiao presentará os espazos coruñeses que protagonizan os distintos títulos da súa produción literaria ambientada na Coruña.

Na primeira sesión, entregarase un dossier con bibliografía e unha escolma de textos seleccionados polo propio autor.

A última sesión consistirá nun roteiro polos espazos antes mencionados.

A inscripción pode realizarse neste enlace.

Fecha Iniciomiércoles, 6 de mayo de 2026 18:00

LugarBiblioteca Durán Loriga

Dirección Rúa Durán Loriga, 10, 15003 A Coruña, España

Mapa de ubicación