Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Economía

Abanca recibe a máxima cualificación en Bo Goberno Corporativo

Oficina de Abanca
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

Abanca obtivo a certificación do Índice de Bo Goberno Corporativo (IBGC) de Aenor co nivel G++, a máxima cualificación posible. Este logro garante o nivel de excelencia do modelo de gobernanza de Abanca, igualando os seus estándares de xestión coas mellores prácticas das principais entidades cotizadas do país.

O certificado emitido por Aenor avala ante o mercado e os grupos de interese de Abanca a madurez e eficacia dos seus mecanismos de gobernanza e control interno. A avaliación analizou de forma exhaustiva o grao de cumprimento do banco en materia de bo goberno a partir de indicadores e criterios relacionados coa composición e o funcionamento do consello de administración e das súas comisións, a xunta de accionistas, os sistemas de cumprimento normativo ou a transparencia. Como resultado destas métricas, ABANCA obtivo o nivel de certificación máis alto da escala.

A obtención da certificación IBGC de Aenor é froito do esforzo e o empeño de Abanca por cumprir, de forma voluntaria e proactiva, coas mellores prácticas internacionais en xestión e supervisión, uns estándares que, en gran parte, unicamente son esixibles ou recomendables para as sociedades que cotizan no mercado de valores.

A pesar de non estar obrigada, a entidade publica voluntariamente nos seus informes de xestión, como boa práctica de transparencia, o grao de seguimento das recomendacións do Código de Bo Goberno das Sociedades Cotizadas, verificado por un experto independente. Desde 2020, o banco cumpre -total ou parcialmente- co 100% das recomendacións que lle son aplicables, aínda non sendo unha entidade cotizada.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina