Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

María Nieto publica "O Corpo en loitøa", a súa primeira obra íntegramente en galego

María Nieto Díaz é a autora do libro
María Nieto Díaz é a autora do libro
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

María Nieto publica con Calacán a súa primeira obra íntegramente en galego, unha escolma de poemas ilustrados por Bruno Díaz Boudín que percorren as escuridades propias.

A autora inicia o vindeiro 18 de novembro na Coruña unha xira de presentacións e lecturas por Galicia para acompañar o lanzamento dotraballo, que chegaas libraríasgalegas mañá xoves 13 de novembro.

Sobre a obra

Hai libros que non se len, senón que se habitan. O Corpo en loitøa é un deses territorios nos que a dor se converte en camiño e o camiño, en renacemento. Entre versos e ilustracións, María Nieto mergúllanos nunha viaxe cara ás profundidades do ser: o dó, a depresión, a ansiedade, a perda da autenticidade ou a loita contra o corpo e o espello. A autora erixe a palabra como refuxio e tamén como trinchera, facendo do loito un acto de resistencia, un xeito de volver á esencia máis primitiva e viva.

Publicada por Editorial Calacán, esta é a segunda obra do selo e o primeiro poemario do seu catálogo, e chega ás librarías mañá xoves 13 de novembro.

Nela, Nieto dá un paso adiante e asina por primeira vez un libro integramente en galego, consolidando unha voz poética que xa se intuía en Lo que pudo ser, lo que es, lo que nunca será (Zasbook, 2021) e que agora se volve máis madura, máis fonda, máis radicalmente sincera.

O universo visual que acompaña a obra leva a sinatura de Bruno Díaz Boudín, quen transforma cada poema en imaxe, cada silencio en trazo. As súas ilustracións —precisas, íntimas, conmovedoras— dialogan cos versos nun equilibrio entre a beleza e a fenda, como un espello que reflicte o mesmo latexo en linguaxes diferentes.

Para celebrar este lanzamento, Calacán e María Nieto emprenden unha xira de presentacións e lecturas por diferentes espazos culturais e librarías de Galicia, encontros nos que palabra e imaxe se mesturarán en directo. Unha oportunidade para acompañar a autora nun itinerario poético e emocional que convida a transformar o loito en loita, a ferida en creación.

Datas confirmadas

  • 18 de novembro, 19:00 horas. Libraría Moito Conto, A Coruña
  • 19 de novembro, 19:00 horas, Biblioteca de Miño
  • 29 de novembro, 18:00 horas, Culturgal, Pontevedra (Stand Libraría Pedreira)
  • 18 de decembro, hora por confirmar, Torgal, Ourense
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620