Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

O Consello da Cultura Galega leva ao festival Kosmópolis unha selección da creación galega

La escritora Yolanda Castaño 
Archivo El Ideal Gallego 

O programa “Galicia no centro” desenvolverase dentro do festival Kosmópolis 25, e ofrece unha selección de propostas que amosan a pluralidade, a vitalidade e a proxección internacional da cultura galega contemporánea.

A programación comezará o venres 24 coa conversa Apegos feroces, un encontro entre a escritora e editora Berta Dávila, a cineasta Carla Simón e o guionista Eduard Sola, moderado polo xornalista David Guzmán. A sesión explorará a complexidade das relacións humanas —familia, amizade, parella— como fonte de creación artística e reflexión emocional. A través do diálogo entre literatura e cinema, os participantes abordarán como a intimidade e os vínculos persoais se transforman en materia narrativa e audiovisual.

O sábado 25 abrirá con “Ficcións e disidencias”, unha conversa entre María Reimóndez, Sara Guerrero e Blanca Llum Vidal, moderada pola investigadora Helena González. As tres autoras compartirán unha reflexión sobre as identidades disidentes e os espazos de resistencia cultural, a partir das súas experiencias e obras. As súas voces, comprometidas coa diversidade, o feminismo e o anticolonialismo, propoñen novas formas de entender a pertenza, o corpo e a lingua como ferramentas de transformación social.

Ese mesmo día celebrarase tamén “Galicia: latitude radical”, un encontro con Yolanda Castaño, Mercedes Peón e Berta Dávila, moderado pola xornalista Berta Ares. A conversa abordará o momento actual da cultura galega, o seu proceso de internacionalización e o papel das creadoras que, desde a poesía, a música e a narrativa, están a renovar a imaxe de Galicia no contexto global. As participantes analizarán a tradición literaria encabezada por Rosalía de Castro, a presenza das mulleres como motor creativo e a forza dunha lingua que, dende a periferia, conquista espazos de centralidade.

O programa culminará o domingo 26 cunha “Festa rachada”, unha tarde de poesía e música que reunirá sobre o escenario a Yolanda Castaño, Ismael Ramos e Mercedes Peón, acompañada por Ana Fernández, Mónica de Nut e coa colaboración audiovisual da bailarina Janet Novás. A celebración incluirá un recital poético das dúas voces máis representativas da poesía galega actual, seguido do espectáculo Deixaas de Mercedes Peón, unha experiencia sensorial na que tradición e vangarda conviven para construír un potente diálogo entre memoria, corpo e sonoridade contemporánea.