Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Hydn | “Sempre fas música no idioma no que pensas, a música é outro idioma no que comunicarse”

A artista galega, que xa prepara o seu primeiro álbum para o vindeiro ano, estrea no Recorda Fest unha nova etapa, abrindo a segunda xornada do festival o sábado

Hydn, nunha imaxe promocional
Hydn, nunha imaxe promocional
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Esta fin de semana, o Recorda Fest volverá encher de música o peirao de Batería. A artista encargada de abrir a xornada do sábado 5 de setembro (15.30 horas) é a artista galega Hydn, que disporá no escenario a estrea da “nova etapa” do seu show.

“Cada vez achégome máis ao tipo de directo que quero ter”, apunta a cantante, que agarda que ao público “lle sorprenda e lle guste” esta nova proposta. “Eu teño moitísimas ganas”, asegura, engadindo que ese directo ao que aspira prefire non desvelalo de todo: “A min sempre me gusta ir a máis, pero tamén me gusta centrarme no que estou facendo agora, pero si que vai ser bastante impactante, esperemos que para ben”, comenta cun sorriso.

De cara a este novo mes de setembro, a artista adianta que está preparando e dando os primeiros pasos desta “nova etapa”. Sacará unha mixtape este mes, mentres prepara o seu primeiro álbum. A idea é telo listo “para o ano que vén, xa temos varias demos, estamos traballando nel, hai que facelo un pouquiño con calma para que quede como queremos”.

Carreira e galego

Viaxando no tempo, podería dicirse que o soño de Hydn era precisamente o que está a facer na actualidade. “Dende pequena eu sempre quixen ser cantante e facer videoclips” comenta entre risas, mentres rememora o seu camiño: “Acabei estudando produción audiovisual, son produtora audiovisual e a día de hoxe estou sendo cantante e facendo videoclips, como quería de pequena”.

Aínda que antes de Hydn houbo outros proxectos, sempre tivo clara unha cousa: “Eu quero ser unha diva, unha pop star” e, nestes últimos anos, “fun probando, vendo onde me ía sentindo máis cómoda e onde non, paréceme súperimportante, sobre todo para min, que me gustan tantísimos xéneros”. E non é un dicir: “Un dos meus grupos favoritos é deathcore sinfónico, Shadow of Intent, pero despois escoito tamén o pop máis chicle que te poidas botar á cara, gústame a música, é po que pasa, e desfruto moitísimo de escoitar todo tipo de música”, explica.

Pero entre xéneros e evolucións, había unha cousa que estaba clara: o galego tiña que estar presente. “Ao final, cando fas música é na túa lingua, incluso si coñeces varias. A min o tema das linguas paréceme algo moi rico, sempre vas facer música no idioma no que pensas, te comunicas, falas, porque, ao final, a música é outro idioma no que comunicarse”, afirma.

Aínda que o bum da música en galego cada vez atinxe a máis xéneros, Hydn ten claro que hai que facer unha reflexión: “Hai moitos homes e boto de menos ás mulleres, tanto no urbano como noutros xéneros, porque aínda que hai un bum na industria musical en galego, seguimos sendo moi poucas artistas, pero pouco a pouco irán chegando, como digo eu sempre”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620