Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Carlos Rivero, marido de Ana Kiro | “Non cantaba ás elites, cantaba aos mariñeiros e migrantes”

O compañeiro de vida da artista di estar abraiado polas mostras de cariño que sigue a recibir  16 anos despois da súa marcha e pola gala que El Ideal Gallego e TVG organizan no Palacio de la Ópera

Carlos Rivero e Ana Kiro
Carlos Rivero e Ana Kiro
Arquivo familiar Ana Kiro
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Enriba do escenario era a artista que escoitabamos, na televisión era a presentadora que viamos, pero máis alá de todo iso, Ana Kiro era “unha persona normal”. Así a define quen era o seu compañeiro de vida, Carlos Rivero, que di estar abraiado polas mostras de cariño que sigue a recibir aínda que pasaran máis de tres lustros da marcha da cantante galega e pola gala ‘Bícame Ana’ que o domingo organiza El Ideal Gallego, en colaboración con A Galega (Televisión de Galicia) no Palacio de la Ópera (19.00 horas).

¿Que lle parece a idea da gala?

Eu estou abraiado, emocionado. Costa crer que despois de 16 anos a xente siga recordando a Ana, quizais non tanto coma eu, pero está aí e faime sentir especial por ter sido o seu marido.

Nós coñecímola no escenario, na televisión, pero como era Ana no día a día?

Cando baixaba dun escenario pasaba de ser artista a ser unha persona normal. Entre os dous, a artista estaba no escenario e logo estaba a amiga, a compañeira, a esposa...

Aínda a día de hoxe seguimos escoitando as súas cancións, que non foron poucas, na casa tamén cantaba?

Mmm, non, non. O que si cantaba era cando viñan amigos. Gayoso, Paco Lodeiro, Queimada... sempre había unha guitarra e cancións. Nese sentido si, pero cando estabamos sós, ela non cantaba e a min non me deixaba (ri), eu preguntáballe de cando en vez si podía cantar na ducha e ela dicíame: “Nada, ni hablar” (ri).

Tiña moito sentido do humor, non?

Pois si, a verdade é que si. Foi moi bonito, divertido. Eu cando a coñecín xa pensaba que non ía atopar o amor, que non era para min... e, de golpe, apareceu ela na miña vida. Eu estaba en Santa Cruz, no mesón familiar, o Mesón Labrador, e entrou pola porta sin saber eu que era Ana Kiro. Empezamos a coñecernos, algún día salimos tomar un café... pero eu estaba noutro mundo, no dos Rolling, dos Who... rock e esas couas. Un día invitoume a un especial que se facía de Pucho Boedo, e dicíame “quedamos alí”. Pero como nos íamos atopar? “Non te preocupes, que ti me verás”, dicía. E, efectivamente, na segunda canción saliu ela a cantar ‘Galicia, terra meiga’ e pareceume... de verdad... (rí). Esta muller é o demo (rí).

Carlos Rivero e Ana Kiro
Carlos Rivero e Ana Kiro
Arquivo familiar Ana Kiro

Que ano era?

Pois debía ser como o ano 82 ou así. Foi nun especial para recaudar fondos porque Pucho estaba maliño e viñera Rocío Durcal, Juan Pardo, Betty Misiego... fora unha gala espectacular aquí na Coruña.

De todo aquelo que cantaba Ana enriba do escenario, había algunha canción especial que lle gustara escoitar?

Por suposto que tiña cancións especiais. Para min, a que máis era a que me dedicou a min, unha que escribiu con José Luis Blanco, titulada ‘Ahora somos dous’, que conta exactamente como foi, como empezamos. Entre ela e máis eu, foi unha canción especial. E claro que hai cancións que me gustan máis, como ‘La noche de mi mal’, que xa sei que era unha ranchera, pero sempre me fascinou.

“Cando baixaba do escenario pasaba de ser a artista a ser unha persona normal. A artista estaba no escenario, logo era a amiga, a compañeira...”Carlos Rivero

O sea, que acabou gustando de algo máis que o rock.

Ah si. Cando tiña o mesón escoitaba moito Ana Kiro, porque cando tocaba planchar e esas cousas, sonaba Ana Kiro toda a tarde (ri) e eu dicía: “Dios mío, deixádeme descansar un pouco, pobre muller”, sin saber, sin ter idea, que esa Ana Kiro iba ser a miña luz, a miña vida. Escoiteina moito antes de coñecela.

Era consciente ela do cariño que lle tiña a xente?

Si... ela sabía a quen cantaba e a quen quería, tiña claro que non cantaba para ningunha elite, cantaba para mariñeiros, migrantes, labradores... e esa xente a quería con locura. Nos invernos íamos a Suiza, América, Holanda... Na Arxentina era unha loucura como a querían, de verdade. A primeira vez que fun con ela, ao baixar do avión había unha banda de gaitas tocando ‘Galicia, terra meiga’, mira ti onde chegaban os galegos, que tiñan moito poder alí (sorrí).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620