Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Ana Kiro, a voz feminina por excelencia da música de Galicia

Ana Kiro, nunha imaxe de arquivo
Ana Kiro, nunha imaxe de arquivo
Arquivo El Ideal Gallego
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Nas viaxes en coche, nas verbenas, na radio, na televisión... a voz de María Dolores Casanova (Santa María de Castañeda, Arzúa, 1942 - Oleiros, 2010), conocida universalmente como Ana Kiro, trascendeu ás múltiples xeracións que a viviron, e que a siguen vivindo.

Pese ao seu nacemento galego, os primeiros en escoitar a súa voz foron os cataláns. En Barcelona, onde marchara a vivir coa familia por mor do traballo do seu pai, comezou a cantar en programas radiofónicos. Alí resoaba por primeira vez a súa voz, mais o facía baixo o nome de Ana María Quiroga. Pero o nome non terminaba de gustar, ou iso dicían, e alguén, asegurando que era demasiado folclórico, recomendoulle cambialo, ofrecendo a alternativa de Ana Kiro. “A min sonábame a xaponés”, recordaría ela co paso dos anos.

E neses primeiros anos 60, estivo a piques de representar a España no Festival Europeo da Canción, é dicir, en Eurovisión. Foi quen competiu con Salomé para ser quen interpretaría no certame, que ese ano transcorría en España, a canción ‘Vivo cantando’. Sería finalmente a cantante catalana a que deu voz ao icónico tema co que España gañaría o certame da edición que finalizaba cun cuádruple empate a puntos.

Pero, aínda así, a carreira da cantante galega empezaba a despegar. Firmada por un dos grandes sellos da época, Belter, Ana Kiro comezaba a xirar xunto a grandes figuras da copla e chegaba a un dos programas musicais máis relevantes da época, ‘Galas del sábado’, que presentaban Laura Valenzuela e Joaquín Prat. Ao igual que o resto de España, para Ana Kiro tamén se pode considerar esta como a súa epoca ye-yé.

Pero non foi até os anos 70 que regresaría a Galicia e coñecería a Manuel Muñiz, que lle abría as portas ao tema co que empezaría a romper récords. Non é outro que ‘Galicia, terra meiga’, unha canción que lle pedían que fose en castelán, pero que ela tiña claro que ou era en galego ou non era.

O bo humor co que a recorda todo o mundo non quere dicir que non defendese o seu, e esa defensa derivou no que Nonito Pereira tildaba nas páxinas de El Ideal Gallego de ‘cassetazo’, que era a forma de aludir ás máis de 100.000 copias de casetes que logrou vender Ana Kiro grazas a ‘Galicia, terra meiga’.

Un repertorio extensísimo

Pero o que estoupou con aquel ‘cassetazo’ foi un repertorio que desde a voz de Ana Kiro aínda pervive a día de hoxe.

Coa súa voz e a súa forma de ser converteuse nunha das voces máis importantes do país xunto a nomes como Pucho Boedo ou Andrés do Barro. E coas súas interpretacións popularizou temas como ‘Vivir na Coruña’, ‘Eu queriame casare’, ‘Pídechas o corpo’, ‘Viva Galicia’, ‘Recordando a Galicia’, ‘Galicia dos meus amores’ ou incluso ‘A Rianxeira’, entre moitas outras cancións que elevaron a súa popularidade.

A súa música apelou á muller e ao idioma, pero tamén ao traballo no campo e ás festas. Pero, sobre todo, apelou á emigración, algo que fixo que incluso as súas xiras pasaran por aqueles países con presenza da emigración como Suiza. “Cuando viajaba a Suiza o Alemania los que estaban allí agradecían mucho el hecho de escuchar música en gallego. (...) Si los emigrantes ponían mucha pasión en mis actuaciones, quizás tenía más que ver con la sensación que les provocaba escuchar a alguien cantar en su idioma”, explicaba a artista nunha das súas últimas entrevistas a El Ideal Gallego.

Pero non foi só desde a música desde onde conquistou ao público. A súa forma de ser tamén lle valeu para ser a cara visible e a voz de diversos programas da Televisión de Galicia como aquel ‘Toda unha vida’ polo que pasaron personaxes como Paloma San Basilio, Víctor Manuel, María Jiménez, Luis Eduardo Aute, Dulce Pontes ou Mari Trini. Mais tarde, nos últimos 90 e primeiros 2000, conduciu magacines nas tardes da TVG como ‘Tardes con Ana’ ou ‘Que boa tarde’.

No momento da mentada entrevista, Ana Kiro xa loitaba contra o cancro, pero iso non lle quitaba de todo as forzas e as ganas de, aínda nun segundo plano, voltar á televisión nalgunha colaboración solta e, sobre todo, para intentar abordar un proxecto vital como unhas memorias: “Podría ser un buen momento para empezar a contar lo que me ha pasado para llegar aquí”, aseguraba naquel momento.

Entrada de balde

Este domingo 23 o Grupo Editorial El Ideal Gallego, en colaboración con A Galega (Televisión de Galicia), organiza unha gala para homenaxear á cantante orixinaria de Arzúa, baixo o nome de ‘Bícame Ana’. Será no Palacio de la Ópera, ás 19.00 horas, e os convites gratuitos pódense solicitar na plataforma online Ataquilla.com.

A gala, que acabará sendo un programa da TVG, estructurarase en varios bloques que abordarán os seus primeiros anos e a súa época ye-yé, o nacemento de ‘Galicia, terra meiga’, os temas que marcaron as cancións que cantou Ana Kiro ou o seu liderado como icona televisiva de Galicia, todo isto coas súas cancións interpretadas por voces clásicas, e outras novas, da nosa terra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620