Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Coruña estrea liña aérea con Muros con The Rapants e 25.000 pasaxeiros

Os muradáns montaron unha auténtica festa nun dos concertos de maior afluencia do agosto coruñés

Óscar Ulla
11/08/2026 23:59
patricia concierto the rapants
Un momento del concierto de The Rapants en María Pita
Patricia G. Fraga
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Aínda que as miradas nos últimos días están postas no ceo, The Rapants trouxeron todas de voltas cara a terra dispoñendo o seu ‘Rapants Club’ nunha praza de María Pita ateigada a golpe de martes e que contou 25.000 persoas.

Aínda que custou. Cando os ‘rapantes’ tomaron o escenario ás 22.00 cos primeiros acordes, a contorna da praza aínda transitaba cara o escenario das ‘Noites de María Pita’ que luciu unha das mellores entradas do verán.

E aos muradáns pouco lles fixo falta para converter esa masa de xente nunha auténtica festa.

Alternando o micro entre eles deron as ‘jrasias’ tras un puñado de temas introdutorios como ‘Tranquila’ ou ‘La noche’. “Boas noites Coruña”, comezaron antes de volver a mirada ao ceo: “Viñestes coller sitio para o eclipse? Pois queremos darvos a benvida ao noso club. Jrasias por confiar en nós”, que precedió a su ‘Jrasias por confiar’ un dos temas do seu último disco, que pese a ser o protagonista, comparteu espazo cos temas previos.

Así foron sonando cancións como ‘Fai tempo’, ‘Máis bicos que rosas’ ou ‘Andas por el’. E pese á que a algún lle custa elixir entre concertos e verbenas, os rapantes tiñan para todos: a golpe de cumbia con ‘Así pasa a veces’, víronse imbuidos do espírito da París de Noia, King Africa e Ráfaga para facer bailar á plaza.

“Un aplauso máis forte creo que merecemos”, aseguraban antes dunha traca de temas como ‘Viaxei’, ‘Country asesino’ ou ‘Non sei como’.

E tomou a voz o deportivista da banda, Xanma, que tamén se ofreceu no pasado a facer o himno do Dépor, para lembrar o cariño que lle ten o grupo á cidade. “O primeiro festival no que tocamos foi o Noroeste”, aseguraba antes de lembrar que o pasado maio actuaron en Riazor polo ascenso do Depor. “O luns estarei en Riazor” afirmaba Xanma sobre o primeiro partido en Primeira, antes de pedir unha “solución” para a situación entre parte da afección e o club polas condicións de renovación. E máis tarde sería Samu quen tiraría de deportes, bufanda verde en man: “Eu do Deportivo non son, pero do Liceo bastante”.

patricia concierto the rapants

E aínda que as malas linguas digan que son os inventores do pogo, deixaron ben claro que non, como tampouco da coreografía a base de lanternas que acompañou a ‘Por que asi’.

E tras temas como ‘Blaster W4u' ou ‘Meu cariño’, tocaba baixar revolucións, ao tempo que activaban ao público para a traca final. E a traca foi a base de ‘O avión’, que fixo voar a máis dun de maneira case literal por enriba das cabezas dos presentes; ‘A vida' ou ‘La Favorita’, con 50.000 brazos en alto, antes de poñer o punto e final  á ‘Noite de María Pita’ con ‘Rue Franklin’ e unha sonora ovación dos presentes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620