Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Manel Cráneo | “O cómic pode ser unha ferramenta de transformación social”

O director de Viñetas desde o Atlántico afronta a súa terceira edición á fronte do festival, que este luns se inaugura de maneira oficial, pese a que algunhas propostas xa comezaron hai días

Manel Cráneo, no seu estudo
Manel Cráneo, no seu estudo
Quintana
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Este luns comeza de maneira oficial unha nova edición de Viñetas desde o Atlántico, a terceira con Manel Cráneo á fronte da súa dirección. Aínda que deixa claro que o salón internacional do cómic herculino abrangue unha franxa temporal moito máis ampla, con exposicións que abriron xa hai máis dunha semana e actividades que terán lugar en setembro: “Estamos deslocalizando todo un pouco desta semana de agosto”, apunta o ilustrador coruñés, que destaca que Viñetas segue a aumentar as colaboracións con outros eventos, entidades e espazos para poder ofrecer e ampliar a programación.

Destaca a este respecto a participación por primeira vez da Fundación Luis Seoane, ou colaboracións como as que levarán a cabo con Elas Son Artistas, o Circo de Artesáns ou Amigos de la Ópera. Como exemplo, explica esta última proposta conxunta: “Eles traen ao Palacio da Ópera unha obra de perfil social, ‘Jenufa’, de Janacek, e van facer unha previa con cantantes internacionais nas salas de exposicións, onde se vai a presentar o cómic de ‘Jenufa’. Mezclamos cómic, ópera e salas de exposicións, arrastramos o público da ópera ao cómic e viceversa”, apunta cun sorriso. “As colaboracións que busco van nesa liña de interaccionar con outros sectores e colectivos”.

Este trasvase de públicos, di, funcionou ben nas edicións pasadas. E para pór outro exemplo destas novas amalgamas que xorden ao abrigo de Viñetas, sinala a presencia do podcast ‘El Nicho’, de David Perdomo, no Colón, o vindeiro xoves 13. “Estarán autores de cómic no seu podcast, achegamos dous mundos diferentes, o dos perfumes e o dos cómics. A que cheiran os cómics? Xa o veremos no Colón, porque igual os cómics suxiren cheiros, igual teñen os seus aromas. Os de memoria social igual cheiran a pólvora e sangue”, apunta Cráneo cun sorriso.

Liñas xerais

I é que a memoria social, a memoria histórica ou a memoria democrática son as liñas argumentais da proposta que Manel Cráneo ten “medida ao milímetro” para Viñetas este 2026.

Aínda que quedarse só cunha parte do que se verá en Viñetas non sería xusto, Manel Cráneo destaca traballos como o que se mostrará na Casa Museo Picasso, a exposición de Troubs e Baudoin, ‘Humanos. A Roya é un río’, “un cómic sobre inmigración, sobre colectivos africanos que cruzan o Mediterráneo para establecerse en Italia ou Francia”. O chamativo é que o traballo de Troubs e Baudoin achégase ao do fotoxornalismo, “foron aos campos de refuxiados e retrataron e debuxaron a situación en directo, realmente é un cómic xornalístico, un traballo de investigación a pé de campo, é como ver un documental”, asegura.

“Está todo medidísimo, eu mido, non ao centímetro, ao milímetro cada cousa que pasa en Viñetas desde o Atlántico”

Na Fundación Luis Seoane, precisamente, verase outra das obras destacadas polo director de Viñetas desde o Atlántico. Trátase dunha mostra de autores palestinos, que para Cráneo é “moi importante porque eu mesmo descubrín cousas que non sabía”. Fala de autores exiliados, mais tamén dos que decidiron quedar alí “vivindo no medio das ruinas, en Gaza”. “Eles din que non loitan con armas, que loitan con cultura, e o cómic é a forma de dicirlle ao mundo ‘Nós non queremos guerra, queremos paz e non queremos irnos da nosa casa’”, explica, antes de engadir que é unha mostra cun sorprendente “ton positivo, optimista e humanista”. “Estas exposicións son necesarias para que a xente vexa que o cómic pode ser unha ferramenta de transformación social, que pode axudar a transmitir mensaxes e apoiar causas humanitarias”, asegura.

Seguindo o fío, menta a mostra “sobre sufraxismo” do Kiosco Alfonso ou a infantil ‘De Archimboldo a Marcopola’, do galego Jacobo Fernández Serrano, que xa se pode ver desde hai días en Palexco. “Jacobo nos mostra un mundo de imaxinación que parece que non ten nada de política, pero que realmente está montando un mundo de diversidade e de xentes cada un coa súa personalidade, coa súa forma de ser, coa súa forma de ver o mundo... pero nun mundo de fantasía para nenos, polo que creo que encaixa na liña do festival. Está medidísimo, eu mido, non ao centímetro, ao milímetro cada cousa que pasa no festival”, explica Manel Cráneo sen aguantar unha gargallada.

Destaca tamén, no Kiosco Alfonso, a presenza de Sebas Martín e a súa visión da República, Guerra Civil e a posguerra nos ollos dunha parella homosexual, “unha visión diferente, que non se vira antes”.

Os protagonistas

Ao respecto da liña a seguir por Viñetas, Manel Cráneo deixa claro que non todo son as novidades e traer os últimos grandes premios.

O que quero é buscar unha liña de coherencia e que haxa mensaxe, un argumento e liñas temáticas, en vez de traer un batiburrillo, como vemos noutros festivais culturais, de meter na coctelera o que está de moda”, indica.

“Os autores palestinos que veñen din que loitan coa cultura, e o cómic é a forma de dicir: ‘Non queremos guerra, queremos paz e non queremos irnos da nosa casa’”

E iso non quere dicir que non se traian a grandes referentes no eido internacional como Raúl García, “o primeiro animador español que entrou en Disney” e que traballou con Matt Groening ou Tim Burton, entre outros moitos; ou Bryan Talbot, que colaborou con Alan Moore, DC ou Marvel, “pero que aquí vén coa súa muller, cunha cousa de cómic histórico, pese a ser unha bestia parda do cómic americano”, di Cráneo, que aboga para o futuro por seguir “tratando ben aos autores e exposicións, unha liña que funcionou durante moitos anos”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620