Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Ruxe Ruxe | "O que nos interesa, coma aos Pogues, é a música inspirada no punk rock e na tradición oral"

A banda de Aríns é unha das protagonistas da segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia este xoves

Os integrantes de Ruxe Ruxe, nunha imaxe promocional
Os integrantes de Ruxe Ruxe, nunha imaxe promocional
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este xoves (01.00 horas) o Campo da Leña recibe unha dose de rock do país, con Ruxe Ruxe pechando a segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia. Farano nun escenario polo que pasarán previamente bandas como Mar de Fondo, Meu o Tsunami Arise. Vituco Neira, voz e guitarra da banda de Aríns, aborda o novo disco da formación, os seus 30 anos de carreira e o futuro que teñen por diante.

Que pode esperar o público do concerto no Noroeste?

Un concerto centrado do noso último disco, ‘Xabral, que saiu hai apenas un ano. Intentaremos un directo o máis honesto posible e cargado de enerxía, que é o momento que vivimos agora mesmo, co grupo con moita enerxía, con moitas ganas de tocar e de experimentar.

Precisamente, como xurdiu ‘Xabral’?

Pois mira, ‘Xabral’ foi como unha pequena débeda que tiñamos coa aldea de Aríns. Xabral é o lugar onde ensaiamos, é o lugar no que está situado o noso local de ensaio. Na toponimia galega hai un topónimo para cada leira coma quen di, para cada lugar, e Xabral é iso, o sitio onde está o noso local de ensaio. É un disco que fala diso, de ser dalí, de ser dun tempo, de ver o mundo desde as xanelas daquel sitio no que estamos. Para nós era como pechar un pequeno ciclo, musical ou artístico, non sei como chamarlle, antes de abrir outro camiño cun disco novo que queremos estrear no ano 27. Cerrar os ciclos vitais do grupo.

É un disco con cancións especiais como a que lle adicades a Shane MacGowan (The Pogues).

Home claro. Shane MacGowan e os Pogues, para nós, foron unha gran referencia o feito de coñecer grupos que mezclaban con orgullo total e absoluto a actitude punk, o rock, coa música tradicional, con respecto á tradición, con respecto á tradición oral do sitio do que eran. E nós, salvando todas as distancias, era o que nos interesaba facer, música inspirada no punk rock que nos mola e, por outro lado, a parte da tradición oral, da tradición cultural que mamamos na aldea de Aríns.

Falaba antes de que o grupo está nun momento con moita enerxía, xusto no momento no que celebran os 30 anos do proxecto. Que balance fai destas tres décadas?

Realmente, o primeiro concerto sería a finais de decembro do 26, co cal aínda non chegamos á celebración. Publicaremos un disco novo e faremos unha xira de celebración dese 30 aniversario onde nos queiran e onde nos chamen para compartir un pouco de tempo con nós. Pero será en xaneiro do 27 cando como tal comece a xira e a celebración do 30 aniversario. Para nós, facer balance? Si, sempre presta mirar atrás, pero nunca fomos un grupo de mirar moito atrás e si de mirar cara adiante, o de atrás collémolo como que foron tres décadas de experiencia, de experiencia vital moi importante, de coñecer a moita xente, de coñecer moita música, de coñecer moitos lugares e de aprender moito para ver se algún día somos capaces de facer realmente un gran disco, unha gran canción e intentar que todo o aprendido algún día poidamos aproveitalo ben. Entón, para nós foi unha experiencia vital, emocional e cargada de compartir moitos momentos con moita xente que nos acorda.

Dicían hai pouco que nunca foron un grupo de moda, axudou en algo a perdurar tanto tempo?

Si, nunca fomos un grupo de moda no sentido de, de repente, ter unha megapopularidade, ter millóns de concertos e contratos enriba da mesa e cousas desas (sorrí). Pero si que somos un grupo ao que hai 30 anos que non lle para de sonar o teléfono, sempre nos chaman dalgún sitio para tocar, dalgún festival, incluso nos sona o teléfono de moi lonxe, que incluso non podemos ir, falo de concertos incluso polo mundo adiante. Sempre soou o teléfono, sempre tivemos un concerto pendente de facer, nunca estivemos en branco. Agora mesmo temos algún festival pechado para o verán de 2027. Somos un grupo con moita sorte e creo que somos un grupo bastante querido pola escena, ou esa é a impresión que temos. O feito de non vivir na cresta dunha onda da moda sempre nos permitiu ir co ritmo que quixemos, ser libres no discurso, opinar libremente, protestar cando houbo que facelo, non cinguirnos a ningunha regra comercial… iso convértenos nun grupo afortunado. Todo iso fai que sigamos tocando, afortunadamente sigue habendo demanda.

O feito de non vivir na cresta dunha onda da moda sempre nos permitiu ir co ritmo que quixemosVituco Neira

Di que sempre teñen un concerto pendente por facer. Hai algún lugar no que lles gustaría poder ter actuado ou poder actuar no futuro?

Jo… pois agora que o penso, tocamos en tantos sitios, en tantos lugares emblemáticos, e tamén en tantos sitios pequeniños que se nos acordan moito, tocamos en salas pequenas e en festivais supergrandes, tocamos para moitísima xente en ocasións e para pouquísima noutras moitas… eu creo que o damos todo por experimentado. Pero si que é certo que nos gustaría volver a sitios aos que hai tempo que non imos, festivais nos que estivemos hai anos e que levamos tempo sen visitar, máis que nada por persoas que temos por aí. Reencontros con públicos que se foi facendo maior e a vida puxo noutro lugar… estou quizais nun momento nostálxico nese aspecto (ri). Seguir tocando é a nosa ilusión, sexa onde sexa. E que o teléfono siga sonando e nós sigamos en boa forma, con tan pouco desgaste músico, físico, artístico... estamos quizais no mellor momento da historia do grupo. Que siga, que continúe, a ver si é eterno, a ver si non cae un meteorito e nos exterminamos como os dinosauros (ri), intentar que sexa un millón de anos máis, porque nos presta moito facelo.

Falaba do futuro, desa celebración. Non sei si se pode adiantar un pouco o que vai atopar o público nese vindeiro traballo.

Un disco moi próximo ao punk-rock, con temas bastante rápidos, doentes, con bastante mala uva. E tamén momentos máis existencialistas, si me apuras, máis tranquilos, pero sobre todo un disco de punk-rock dun grupo coas pilas cargadas ao máximo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620