Carolina Deslandes e De Ninghures, cabezas de cartel da nova edición do festival Aquí Tamén Se Fala
A cidade volverá a celebrar o galego con varios concertos o 12 de xuño na plaza da Tolerancia

Tralo éxito das súas dúas primeiras edicións, o festival Aquí Tamén Se Fala regresa á cidade este 12 xuño, nunha plaza da Tolerancia que, a partir das 17.00 horas, será epicentro da música e a cultura galega. A iniciativa, impulsada polo IES Rafael Dieste co apoio do Concello, contará este ano con artistas como a portuguesa Carolina Deslandes, unha relevante voz da música lusa contemporánea, e os grupos galegos De Ninghures, Apolo 18 e Kid Amount.
O festival é unha das iniciativas máis visibles de Aquí Tamén Se Fala, un movemento de dinamización lingüística do país, nacido no instituto coruñés, convertido xa nun fenómeno social e educativo de sen precedentes. Tras congregar arredor de 5.000 persoas en cada unha das súas anteriores edicións, o festival afronta este novo ano co reto de medrar sen renunciar á súa esencia.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, participou esta mañá no acto de presentación do evento, celebrado no centro coruñés. Alí comentou que “desde o Goberno de Inés Rey sentímonos orgullosos de que a iniciativa cultural máis innovadora de Galicia nacese na nosa cidade e continúe medrando aquí, co noso apoio desde o inicio”. Nos concertos das edicións pasadas participaron artistas como Boyanka Kostovo ou Dios Ke te Crew, entre outros.











