Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

María José Gómez, conselleira de Medio Rural: “Queremos unha Galicia verde”

Expertos en prevención de incendios falaron nun foro organizado polo Grupo Editorial El Ideal Gallego

María José Gómez, esta mañá na ONCE
María José Gómez, esta mañá na ONCE
Javier Alborés
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os virulentos incendios que sufriu Galicia nos últimos anos provocaron unha resposta igual de contundente na Administración Pública, de mans dunha Xunta que quere solventar o seu impacto sobre o medio ambiente. Así o explicou onte a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, durante o foro sobre a prevención de incendios organizado polo Grupo Editorial El Ideal Gallego, no que reivindicou que a Xunta loita polo rural da comunidade, que loita por manter “tal e como é”: “Queremos unha Galicia verde”.

A conselleira salientou así que a Xunta aumentou os seus orzamentos dedicados a prevención: “Só en 2026, adicamos 75,38 millóns de euros, un 50% máis que no ano pasado e o triple que en 2018”. “Seguiremos por este camiño, na man de todos está diminuír os efectos do lume no medio ambiente”, dixo. “Neste 2026, temos previsto actuar en case 34.000 hectáreas en colaboración cos propietarios e os municipios”, indicou.

A xornada tivo lugar no salón de actos da ONCE no Cantón Grande coruñés. Presentada pola xornalista Lucía Crujeiras, de El Ideal Gallego, contou coa participación de expertos como o xefe de Servizo de Prevención de Incendios Forestais da provincia da Coruña, Guillermo Acebal; a xefa do Distrito Forestal V, Sara Romero; o subdirector xeral de Prevención de Incendios, David Prieto; a presidenta da comunidade de montes de Oleiros (Ribeira), Herminia Pouso; o técnico provincial da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) na Coruña, Óscar Pombo, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco. Entre o público estivo presente a delegada da Xunta, Belén do Campo.

Foro incendios

Chamamento á cidadanía

A primeira intervención correu a cargo da conselleira, quen chamou á cidadanía a participar na prevención: “A sociedade no seu conxunto ten que aportar. A cidadanía cada vez está máis concienciada, e canalizar iso é unha das tarefas que nos propuxemos este ano”, expresou. Por iso, defendeu que “no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) contemplamos novas formas para que a cidadanía poida participar na prevención dos lumes”. Unha desas iniciativas é o lanzamento dunha aplicación, no mes de xuño, para que os cidadáns poidan avisar dos lumes o antes posible. “O noso dispositivo responde con rapidez aos avisos, cunha media de 20 minutos de resposta, pero ampliar a resposta cidadá será moi positivo”, abundou.

Tamén apelou aos propietarios das fincas, que “xogan un papel esencial”: “O 98% do noso monte está en mans privadas, ben por particulares ou por xestións comunais, polo que son indubidables as responsabilidades que teñen”. A Xunta axuda: “Facémolo a través da obra preventiva, coa mellora de cortalumes, limpas forestais, mellora dos puntos de auga, queimas prescritas... un traballo que se fai ao longo dos 19 distritos forestais”.  

Apoios da Xunta

Tamén “apoiamos a particulares e concellos para que poidan cumprir con máis facilidade as obrigas derivadas da xestión da biomasa nas faixas secundarias”. Estas faixas, explicou Gómez, son as fincas que se sitúan nos 50 metros que rodean os núcleos de poboación, que “é moi importante manter limpas de biomasa e de especies prohibidas para evitar o risco para vivendas en caso de incendio”. De feito, os propietarios teñen de prazo ata o 31 de maio de cada ano para realizar estas tarefas. “Neste 2026 reforzamos o noso compromiso con este ámbito e asinamos un novo convenio coa empresa pública Seaga co dobre de orzamento e con máis apoios para os municipios”, dixo. Actualmente, salientou, hai 298 concellos adheridos a este convenio.

 “Colaboramos nos plans de prevención, nas inspeccións da biomasa, na preparación das notificacións a particulares que non cumpren, damos a posibilidade de facer execucións secundarias...”, resumiu. En definitiva, da un apoio, en distintos niveis, nun ámbito “tan importante como é a prevención”. “Na nosa man está diminuir os efectos no medio ambiente e nas persoas”, concluiu.

A xornada proseguiu con dúas mesas redondas nas que os ponente intercambiaron pareceres e propostas. Así, Acebal comentou que o da prevención é ante todo un traballo de anticipación. Neste sentido, salientou os esforzos que se fan ao longo do ano, pero especialmente antes de verán, para eliminar o coñecido como combustible forestal (matorrais, herbas secas, etc.) e manter as redes de cortalumes preparadas. Un traballo no que, comentou, poderá axudar nun futuro a IA: “Xa se traballa para que as cámaras poidan distinguir fumes de incendio dos das fábricas, ou para facer simulacións coas zonas conflictivas”:

Pola súa banda, Pouso compartiu a terrorífica experiencia que viviu a súa comunidade cun gran incendio no 2022, e relatou como as paulatinas axudas que foron xurdindo contribuiron a recuperar pouco a pouco o espazo perdido. Romero comentou que “hai grandes retos no total de territorio”: “Temos unha labor por diante de concienciar á xuventude”.

Segunda mesa redonda

Asemade, na segunda das mesas redondas Prieto explicou a evolución do convenio que a Consellería mantén con Seaga para apoiar os particulares e concellos na xestión das faixas secundarias: “Nos últimos anos, a maioría de parcelas están nun 60-70% de cumprimento, temos que sacarlle máis rendemento.

Xunto a el, Pombo facía balance das execucións dos traballos da Seaga mirando con optimismo ao futuro: “Nos últimos dez anos hai moita máis implicación da cidadanía. Os últimos veráns foron difíciles, pero cremos que hai máis biomasa limpia, e concellos que teñen superficies grandes nas que incluso xa visualmente se ve ese traballo, que estamos mellorando”. Para o experto, o reto é “adaptarse e empregar tecnoloxías de última xeración como os robots, que xa empezan a usar para desbrozar nalgúns sitios”.

O encargado de pechar o foro foi Manuel Francisco, co foco na investigación dos lumes: “En torno ao 70-80% dos incendios son por causas humanas”. Porén, quixo poñer en valor o avanzado nas décadas: “Nos anos 90 había entre 10.000 e 15.000 incendios ao ano, e no 2025 houbo uns 1.000”. Así, agradeceu a organización do foro, no que “contamos o que facemos e compartimos coñecementos”: “Desde a Xunta temos claro que a prevención é o camiño no que invertir no futuro”, concluíu.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620