Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O Ventorrillo mostra todo o seu potencial como canteira de futuros artistas

O local da entidade veciñal acolle desde o pasado venres as obras dos “pequenos grandes pintores do barrio”

Unha nena observa algunhas das obras expostas no local da asociación veciñal do Ventorrillo
Unha nena observa algunhas das obras expostas no local da asociación veciñal do Ventorrillo
German Barreiros
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Se hai algo do que pode sentirse orgulloso O Ventorrillo é, sen dúbida algunha, da súa presenza artística. O barrio, que no pasado mes de outubro rendía homenaxe ao cantante Pucho Boedo cun enorme mural nunha das súas rúas, varios meses despois volve a demostrar o seu potencial artístico, aínda que esta vez, como canteira de futuros pintores. Polo menos esa é a intención da asociación veciñal, que desde o pasado venres, 15 de maio, expoñe no seu local social o talento dos ”pequenos grandes artistas do barrio” cunha mostra de obras infantís. 

Unhas obras infantís que xorden dunha idea de Mónica Fernández, coordinadora da actividade. Segundo Fernández, estes talleres son algo máis que talleres de arte, “é unha oportunidade de desenvolver a súa creatividade e de expresar e combinar emocións”. Todo iso experimentando con distintas técnicas como a acuarela, o acrílico e o óleo. Pero, para a coordinadora, pintar é moito máis que facer un debuxo bonito. “É todo un proceso que axuda a desenvolver a paciencia e a concentración e afrontar a frustración e buscar solucións e, sobre todo, gañar confianza en si mesmos”, engade Fernández.

Unha forma de “facer barrio”

Non obstante, o principal obxectivo da actividade non é outro que “facer barrio”. “Eu vivín noutros barrios da Coruña e os veciños nin saludaban. No Ventorrilo é diferente, pero, en parte, grazas a estas cousas. É moi importante facer este tipo de actividades ao lado da casa, sobre todo para os nenos, que son o futuro. Pero é tamén unha forma de apaciguar, en certo senso, a inmediatez desta xeración”, conclúe Mónica Fernández.

As obras, que desde o pasado venres –e ata o próximo mes de xuño– poden verse no local social da asociación veciñal, son mostra do talento, o esforzo e o sacrificio de máis dunha decena de crianzas que durante os pasados meses achegáronse ata o taller para, quizáis nalgún caso, descubrir a súa vocación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620