Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Deputación da Coruña recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

O Torrente Ballester en galego e o Raíña Lupa consolidan o seu crecemento

Exemplares de obras gañadoras de edicións anteriores do Premio Raíña Lupa
Exemplares de obras gañadoras de edicións anteriores do Premio Raíña Lupa
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O prazo de presentación de orixinais aos premios literarios convocados pola Deputación da Coruña pechouse cun total de 742 obras recibidas, a cifra máis elevada dos últimos anos. A dotación dos distintos certames suma 62.500 euros. Entre os datos máis salientábeis figura o incremento da participación no 38.º Premio Torrente Ballester en galego e no 20.º Premio Raíña Lupa, explican dende a institución provincial.

No primeiro caso, recibiu 92 orixinais fronte aos 64 da edición anterior, consolidando o seu poder de convocatoria. Canto ao certame de literatura infantil e xuvenil, ano a ano aumenta a recepción de traballos, duplicando cifras en catro anos, pasando de 30 en 2022 a 70 este ano.

O 38.º Premio Internacional Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá foi o que rexistrou unha maior participación, con 493 obras presentadas. Completan a relación a 23.ª edición do Premio Miguel González Garcés de poesía (74) e a 21.ª edición do Premio Castelao de banda deseñada (20).

Os premios literarios da Deputación da Coruña repártense entre as modalidades de narrativa, poesía, literatura infantil e xuvenil e banda deseñada. Os premios Torrente Ballester, tanto en lingua galega como castelá, están dotados con 15.000 euros cada un. Pola súa banda, o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil e o Premio Castelao de banda deseñada contemplan dúas modalidades con dous premios de 6.500 euros cada unha. O Premio Miguel González Garcés de poesía está dotado con 6.500 euros. En total, a convocatoria dos cinco certames suma 62.500 euros en premios.

A resolución destes certames irase anunciando no segundo semestre do ano, período no que se irán reunindo os diferentes xurados, que como en cada edición estarán conformados por personalidades de recoñecido prestixio no ámbito literario.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620