A Coruña deseña a camiseta galega definitiva
Rei Zentolo invitou aos cidadáns a realizar unha pintada popular de escaparates e prendas co gallo do Día das Letras Galegas
De entre as moitas características e cualidades que conforman a forma de ser máis galega, seguramente a que lle custaría máis entender e pillar ao voo incluso á intelixencia artificial é a retranca. Sucede algo así como co Deportivo e o famoso "non trates de entendelo". Ou coma o talento no fútbol: se ten ou non se ten, pero aprendelo resulta prácticamente imposible. Por iso, ter feito dese humor unha bandeiro e un éxito comercial é, sen dúbida, o gran mérito de Rei Zentolo, a marca de camisetas creada en 2003 por un pontevedrés e un burelense que teñen convertido en icónicas algunhas das súas lerias.
Ter feito aos Red Hot Chili Peppers embaixadores do pemento de Padrón, ou desafiar á Torre Eiffel desde a Torre de Hércules, son algunhas das ideas convertidas xa en prácticamente cultura pop. Nembargantes, de cara a esta edición do Día das Letras Galegas, a empresa quixo que o gran deseño do ano sexa unha sorte de iniciativa popular, saída das entrañas da galeguidade. Serán os propios cidadáns os que, a través de expresións espontáneas, enchan de lingua galega os escaparates, ou incluso deseñen a sua propia camiseta. O chamamento público foi o seguinte: "Para visibilizar o baleiro que deixa na nosa cultura non empregar a nosa lingua, baleiramos todos os nosos escaparates para que ti os enchas en galego. Porque hai moitos espazos que aínda precisan ser falados e pensados na nosa lingua, na nosa identidade. Teredes tamén unha camiseta en branco para que customicedes coa nosa fala. Saca a túa creatividade máis galega".
Precisamente, esa camiseta en branco tense convertido no gran reclamo das dúas tendas coruñesas de Rei Zentolo, a de Cuatro Caminos Centro Comercial e a de Marinda City. Entre as mensaxes que os coruñeses teñen considerado paradigmáticos do sentir galego están: "Eu nunca serei yo", "Non me fodas a paciencia", "O 17 de maio e todos os días falo galego" o "marcho que teño que marchar". Ademáis, pola colaboración nesa iniciativa popular, Rei Zentolo agasalla con pulseiras con algúns dous seus deseños máis celebrados, como o caso dos Padrón Peppers ou os porcos bravos.














