Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

San Andrés estrea un banco de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibromialxia

apg_20260611_ALCALDESA_BANCO_FIBROMALGIA_SAN_ANDRES_003
A alcaldesa Inés Rey, entre outras persoas, diante do novo banco
Concello da Coruña
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello da Coruña, en colaboración coa asociación Fibro Visibles, reforza as accións conmemorativas polo Día Mundial da Fibromialxia, que terá lugar este martes 12 de maio e incluirá a lectura dun manifesto na praza de María Pita, ás 11.30 horas, co obxectivo de contribuír á visibilización desta síndrome de dor crónica e xeralizada coa que conviven milleiros de persoas en todo o mundo.

Este luns, como paso previo á convocatoria de mañá, a rúa San Andrés acolleu un acto cheo de simbolismo: a inauguración dun banco de cor morada —que representa o espírito de concienciación e compromiso fronte á fibromialxia— fronte á igrexa castrense, moi preto da sede de Fibro Visibles. A entidade conta coas súas dependencias nun espazo cedido polo Concello na sede do Circo de Artesáns.

No acto desta mañá, a alcaldesa Inés Rey estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa; pola presidenta de Fibro Visibles, Ana María Rodríguez Castro; e pola xunta directiva da asociación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620