Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Inés Rey destaca o papel histórico da Coruña na defensa do galeguismo e da pluralidade lingüística

IMG_9269
IInés Rey, no centro da imaxe xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro
Hugo Ucha Boan
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Coruña acolleu este luns no Centro Cívico da Cidade Vella a xornada ‘Ola, Europa!’, organizada polo PSdeG-PSOE como acto inaugural da programación da Semana das Letras Galegas. O encontro reuniu por primeira vez nun mesmo foro representantes socialistas das tres linguas cooficiais do Estado xunto ao castelán para reivindicar o plurilingüismo como “unha riqueza e un éxito colectivo”.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi a encargada de abrir a xornad. Na súa intervención, a rexedora puxo en valor o papel histórico da cidade na construción do galeguismo e na defensa da lingua galega, lembrando que “o galeguismo naceu aquí, na Coruña”, coa celebración dos Xogos Florais de 1861, a creación das Irmandades da Fala ou a presenza da Real Academia Galega na cidade desde 1906.

Rey reivindicou ademais “o galeguismo popular” que nace nos barrios e que “pervive porque está vivo”, vinculándoo ás novas expresións culturais en galego e ás novas xeracións.

Destacou que Galicia vive “un cambio de paradigma cultural moi importante”, cunha nova ola creativa que emprega o galego “con normalidade, orgullo e ambición” e que conecta coa mocidade desde ámbitos como a música, a creación audiovisual ou as artes escénicas: “O galego non é unha lingua do pasado. É unha lingua de creación, de vangarda e de futuro”, afirmou, citando o éxito de artistas e grupos como Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, The

Rapants ou 9Louro, referentes dunha xeración moderna e contemporánea “capaz de dialogar co mundo sen deixar de ser profundamente nosa”.

Lembrou tamén que algúns destes artistas forman parte da programación cultural impulsada polo Goberno Municipal da Coruña con motivo das Letras Galegas, xunto con propostas como Dakidsrría ou a Orquestra Bravú Xangai, como mostra do compromiso municipal coa creación actual en galego. E fixo fincapé no compromiso do Goberno local coa normalización lingüística, citando a aprobación da primeira Ordenanza do Galego da historia da cidade ou o cambio da denominación institucional a ‘Concello da Coruña’: “As institucións temos a responsabilidade de promover e normalizar a nosa lingua”, sinalou.

Xunto á alcaldesa, inaugurou o acto o secretario provincial socialista, Bernardo Fernández.

Participaron Inma Ferret, voceira de Política Lingüística do PSC no Parlament de Catalunya; Pau Blasi, voceiro de Euskera do PSOE-EE no Parlamento Vasco; e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, nun debate moderado por Silvia Longueira, secretaria de Cultura do PSdeG-PSOE e deputada no Parlamento de Galicia pola Coruña. A xornada contou tamén coa intervención de peche do eurodeputado Nicolás González Casares, que abordou o papel das linguas minorizadas no proxecto europeo.

Na súa intervención, Inés Rey incidiu na necesidade de defender a diversidade lingüística como un valor democrático e europeo. “Defender o galego é defender Europa”, afirmou, asegurando que “España é máis forte coa súa diversidade. E Europa tamén o é grazas a linguas como o galego, o catalán ou o éuscaro”.

A programación completouse coa lectura do manifesto do Día de Europa nos tres idiomas e cunha visita institucional á sede da Real Academia Galega.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620