Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O Maio Jazz abre este domingo no Teatro Colón cun concerto de Nani García Trío con Virxilio da Silva

O ciclo organizado pola Deputación da Coruña reunirá tamén este mes a Pablo Sanmamed, Hilario Rodeiro e Juzz

A deputada de Cultura, Natividade González, na presentación do 'Maio Jazz'
A deputada de Cultura, Natividade González, na presentación do 'Maio Jazz'
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O teatro Colón acolle desde este domingo, 10 de maio, unha nova edición do Maio Jazz. O ciclo, organizado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, converterá durante este mes o recinto coruñés nun dos principais escenarios galegos para o jazz contemporáneo e as músicas de creación.

A programación abrirase na tarde deste domingo co concerto de Nani García Trío con Virxilio da Silva, primeira das catro propostas que conforman o cartel deste ano. O ciclo continuará o 16 de maio con Pablo Sanmamed, que presentará ‘A estrela mostrada’; o 23 de maio será a quenda de Hilario Rodeiro co espectáculo ‘Pausa’; e o peche chegará o día 31 coa actuación de Juzz, formación da cal forma tamén parte Virxilio da Silva.

A deputada de Cultura, Natividade González, destaca a aposta do ciclo por "unha programación diversa e de calidade, cunha coidada selección de proxectos que exploran distintas linguaxes do jazz contemporáneo e das músicas de creación". "Un ano máis programamos o Maio Jazz cun elenco de artistas que ocuparán o mes de maio no teatro Colón, consolidando este ciclo como unha cita de referencia para o público afeccionado ao jazz", sinalou.

Os billetes para asistir aos concertos continúan á venda desde 4,5 euros na plataforma Ataquilla.com. Todos as actuacións comezarán ás 20:00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620