Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A urbanización Valaire estrea un espazo para a práctica deportiva na rúa Praga

O recinto, habilitado polo Concello no núcleo residencial, conta con novos equipamentos biosaudables e de calistenia

Una imagen referencial de la urbanización Valaire 
Archivo El Ideal Gallego 
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello avanza coa folla de ruta do Plan de barrios 2025-27 con novas melloras no núcleo residencial da urbanización Valaire, onde esta semana abriuse un novo espazo para a práctica deportiva entre a rúa Praga e a avenida Nova York.

Tal e como detallou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, os servizos municipais estudaron previamente as posibles necesidades existentes en Valaire en materia de equipamentos públicos, “de aí que se optase por incorporar elementos para a realización de exercicio físico ao aire libre, tanto biosaudables como de calistenia”, inexistentes ata agora na contorna.

A creación desta superficie interxeracional en Valaire, semellante ás habilitadas previamente en barrios como Xuxán ou enclaves como o parque Europa, suma instalacións deportivas de calidade concibidas moi especialmente para promover os hábitos de vida saudables, un piar fundamental nas políticas do Goberno de Inés Rey.

Noemí Díaz precisou que a intervención incluíu a instalación de equipos de adestramento como unha estrutura combi-multiexercicios, unha bicicleta estática, unha escaleira horizontal e unha bicicleta elíptica. Ademais, tamén se habilitou novo mobiliario urbano.

A este respecto, a apertura do espazo deportivo da rúa Praga concretouse antes desta fin de semana, despois de que a certificación de seguridade resultase favorable tras as inspeccións pertinentes posteriores á obra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620