Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Tanxugueiras, 9Louro ou Dakidarría para celebrar as Letras Galegas na Coruña

A cidade contará con catro días de propostas culturais, do 14 ao 17 de maio

Óscar Ulla
07/05/2026 15:07
Presentación da programación coruñesa para as Letras Galegas 2026
Presentación da programación coruñesa para as Letras Galegas 2026
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Coruña volverá conmemorar as Letras Galegas, este ano adicadas a Begoña Caamaño, cunha nova edición da Festa das Letras, que durante catro días encherá a cidade de propostas culturais como concertos ou un encontro con Tanxugueiras no teatro Colón.

A programación comezará, precisamente, o 14 de maio ás 19.30 horas no Colón co encontro con Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro, arredor do seu novo disco, 'O Cuarto'.

O venres día 15 a actividade se multiplicará pola cidade. Na praza de España, desde as 20.00 horas, haberá concertos de Néboa, Ailá e Brais Morán & Nasafunk. Na praza de Azcárraga, desde as 18.00, as propostas serán para o público infantil con Charlatán Rodríguez e Uxía Lambona e a Banda Molona. A música tradicional tomará Méndez Núñez con Xacarandaina e Son d'Aquí. O Ágora, pola súa banda, vivirá un concerto de Ialma, enmarcado tamén no ciclo cultural 'AgoraSón'.

O día previo ás Letras Galegas, o sábado 16, a música apenas deixará de sonar durante o día. Na praza de España comezará a sonar ás 12.00horas con Kafédepota e finalizará ben entrada a madrugada con Dakidarría, con actuacións entremedias de MJ Pérez, Adhara & Ritman, a Orquestra Bravú Xangai e 9Louro. A música tradicional voltará a Méndez Núñez a partir das 18.30 horas con Cántigas da Terra e Donaire. E o público infantil terá catro propostas en Azcárraga: K'paparota (12.00 horas), Pakolas (13.00), Cris de Caldas (18.00) e Pesdelán (19.00).

O propio día 17 serán dúas as propostas culturais desta Festa das Letras. Ás 12.15 horas actuarán no teatro Colón a Banda Municipal de Música da Coruña xunto á Escola de Artes Escénicas da Estrada. Ás 18.30 horas, en Méndez Núñez, celebrarase a Foliada das Letras, con Cántigas da Terra, Donaire, Maghúa, Son d'Aquí, Xacarandaina e Espadana. O derradeiro acto será no teatro Colón, ás 20.30, cando Isabel Dobarro presente o seu novo traballo, 'Eidos'.

A alcaldesa, Inés Rey, aseguraba na presentación destas actividades que con elas "A Coruña se prepara para celebrar unha das datas máis importantes do noso calendario cultural". Destacou tamén a figura de Begoña Caamaño, "unha figura esencial da nosa literatura". Con todo, A Coruña será testemuña "dunha celebración colectiva da palabra e tamén da creatividade e da memoria dun pobo que se expresa en galego", sinalou este xoves a rexedora, que subliñou tamén a diversidade de propostas e que esta programación é "diversa e gratuita".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620