Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Dúas alumnas da Universidade da Coruña son galardoadas cos premios Valedora do Pobo

Jimena Cardona Felipe e Genoveva Gundín González foron recoñecidas polos seus traballos en materia de igualdade e dereitos das mulleres 

El grupo de estudiantes de la UDC reconocidas con el premio Valedora do Pobo en 2025 
Archivo El Ideal Gallego 
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

As estudantes da Universidade da Coruña Jimena Cardona Felipe e Genoveva Gundín González acaban de ser galardoadas na VI Edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Fin de Máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

No caso de Jimena Cardona Felipe recibe o premio ex aequo na categoría de TFG polo seu traballo 'Violencia en la pornografía y su impacto en las prácticas sexuales de los jóvenes universitarios/as: Un estudio cualitativo en la UdC'. Unha reflexión acerca da influencia da pornografía na sexualidade do estudantado universitario.

No seu estudo, a través da observación participante e da realización de entrevistas en profundidade, móstrase como esta industria reproduce imaxes violentas que lexitiman e perpetúan relacións sexuais de desigualdade, tendo implicacións nas prácticas sexuais da mocidade, reproducindo unha xerarquía sexual onde os homes posúen o poder e o control, e as mulleres aprenden a erotizar a súa propia sumisión.

O premio de Genoveva Gundín González, na categoría de TFM, tamén ex aequo, ven polo seu traballo titulado Los derechos afectivos y sexuales de las mujeres mayores: un estudio piloto en una gran urbe gallega y su área metropolitana”, que aborda a sexualidade das mulleres maiores de 65 anos, a partir dun estudo piloto realizado na cidade da Coruña e a súa área metropolitana.

O traballo constata como a falta de educación afectivo-sexual, os estigmas idadistas e os mandatos patriarcais condicionan o seu benestar. Como resposta, deséñase unha proposta socioeducativa con metodoloxías como Círculos de Mulleres, Grupos de Axuda Mutua (GAM), Aprendizaxe Colaborativa e/ou Cooperativa (ApC), e Ikigai, orientadas ao empoderamento e a resignificación positiva do desexo na vellez. 

A Valedora do Pobo convoca anualmente os Premios aos mellores Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres en colaboración coas tres universidades públicas galegas (UDC, USC e Uvigo). O obxectivo é recoñecer aqueles traballos académicos que destaquen polo seu valor na promoción da igualdade e os dereitos das mulleres.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620