Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Unha colección de postais completa a mostra ‘A Coruña 1930-1931. Estampas de vida e política’ da Casa Museo Casares Quiroga

Os exemplares recollen escenas da vida social e política da cidade naqueles anos

Unha colección de postais completa a mostra ‘A Coruña 1930-1931. Estampas de vida e política’ da Casa Museo Casares Quiroga
Unha colección de postais completa a mostra ‘A Coruña 1930-1931. Estampas de vida e política’ da Casa Museo Casares Quiroga
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou este mércores no acto de presentación dunha colección de postais que complementa a mostra ‘A Coruña 1930-1931. Estampas de vida e política’. O acto celebrouse na Casa Museo Casares Quiroga, espazo municipal no que se poderá visitar a exposición ata o vindeiro sábado 9 de maio.

A exposición céntrase nos anos nos que se produciu o tránsito da ditadura monárquico militar do xeneral Primo de Rivera á proclamación do sistema parlamentario e democrático da Segunda República. Foron tempos de profundos cambios políticos, mais tamén de continuidade na vida cotiá da cidade, marcada polas súas actividades económicas, sociais, militares, educativas, culturais, relixiosas, turísticas e de lecer. 

“Desde o Goberno de Inés Rey estamos levando a cabo un traballo minucioso por achegar á cidadanía a vida e a contribución de moitas persoas vinculadas cos movementos sociais e a prol da democracia”, indicou Castro.

Unha parte importante das fotografías ilustra exemplos destas actividades diarias -e tamén algunhas de carácter extraordinario- protagonizadas pola veciñanza ou acontecidas na cidade herculina. As imaxes non seguen unha orde concreta xa que o seu obxectivo é ofrecer unha ollada parcial e evocadora sobre a cotidianidade coruñesa da época

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620