Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Os libros de Rober Cagiao inspiran un percorrido especial pola cidade da Coruña

Rober Cagiao, coas dúas versións de ‘Cadea de favores’, na libraría Lume
Rober Cagiao, coas dúas versións de ‘Cadea de favores’, na libraría Lume
Carlota Blanco
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O programa de Bibliotecas da Coruña presenta unha nova actividade dentro do programa 'Ando na Coruña'. Da man do escritor Rober Cagiao, propoñen un percorrido a cidade literaria e a cidade real que lle serviron de inspiración para as súas obras, obras que serán o fío condutor da actividade, bautizada como 'A Coruña negra a través dos libros de Rober Cagiao'. 

Cadea da favores é o seu decimosexto libro da man de VR Editorial e Calacán editora. Con máis de 160 mil libros vendidos e un dos autores máis prolíficos da nosa literatura de corte negro e misterio.

As dúas primeiras sesións, os mércores 6 e 13 de maio, terán lugar nas instalacións da biblioteca. Nelas, Rober Cagiao presentará os espazos coruñeses que protagonizan os distintos títulos da súa produción literaria ambientada na Coruña.

Na primeira sesión, entregarase un dossier con bibliografía e unha escolma de textos seleccionados polo propio autor.

A última sesión consistirá nun roteiro polos espazos antes mencionados.

A inscripción pode realizarse neste enlace. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620