Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O BNG levará ao Pleno unha moción para defender os intereses do barrio de Monte Alto

Avia Veira en Monte Alto
Avia Veira, en Monte Alto
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, vai defender, no Pleno do vindeiro 14M, unha moción para instar o Goberno Local a que se ocupe do barrio de Monte Alto.

“En xeral, podemos dicir que o Goberno de Inés Rey non atende as necesidades dos barrios. Monte Alto non é unha excepción”, afirma Veira, veciña ela propia do barrio, quen presentou a moción nun encontro cos medios ao pé da Torre de Vixía.

A iniciativa do BNG contén propostas para mellorar os problemas de mobilidade e accesibilidade de Monte Alto, comúns ao resto de barrios da cidade. “O Goberno de Inés Rey non está a coidar o espazo público. O estado das beirarrúas, co pavimento moi deteriorado, ou os pasos de peóns, moitos deles despintados, complican o día a día de persoas con discapacidade ou diversidade funcional”, resalta Avia Veira.

“Por suposto que os problemas de mobilidade teñen a ver cun transporte público deficiente nas conexións cos hospitais ou cos polígonos industriais”, precisa Veira, quen, en relación ás políticas de accesibilidade, tamén apunta ás reiteradas avarías das escaleiras mecánicas de Adelaida Muro, que se “están estragando continuamente”.

O BNG sostén que o barrio está a ver tamén como se descoidan os seus edificios públicos máis emblemáticos, a comezar polo antigo cárcere, en estado ruinoso, ou unha Domus cuxa fachada non se dá reparado.

O Parque de Vixía

O emprazamento elixido pola  candidata do BNG á Alcaldía para este encontro cos medios non foi causal. “Estamos aquí, ao pé do depósito de Vixía, porque foi onde o Goberno Local anunciou en 2020 a construción do Parque dos Nenos, o Monte dos Nenos”, explicou.

O BNG asegura que o Goberno de Inés Rey demorou seis anos en adxudicar as obras do Parque de Vixía. “Seis anos! E se o acabou facendo foi pola presión política do BNG: o asunto levámolo ao Pleno en 2024 -cunha moción aprobada- e en 2025 e incluímolo no acordo orzamentario de 2024. Por tanto, se hoxe a obra está adxudicada foi pola insistencia do BNG”, remarca Veira.

Problemas de limpeza

Veira tamén puxo o acento en que o barrio precisa dunha “limpeza intensiva”, unha necesidade "moi sentida" polas veciñas e os veciños, un problema recorrente nos distintos distritos da cidade.

Máis recursos para o centro cívico aumentar a oferta de actividades para a veciñanza e unha área canina son outras das demandas do BNG para Monte Alto, completou a candidata nacionalista á Alcaldía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620