Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Manuel Mosquera, novo director do Museo de Belas Artes | "Gustaríanos ter un Picasso da etapa coruñesa"

Comezou a traballar no museo no ano 89 e afronta o cargo coa mirada posta nos novos públicos e na renovación da colección permanente

El nuevo director del Museo de Belas Artes, Manuel Mosquera
O novo director do Museo de Belas Artes, Manuel Mosquera
German Barreiros
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Non foi unha sorpresa como tal, porque a idea que rondaba no Museo de Belas Artes para sustituir a Ángeles Penas tras a súa xubilación radicaba na continuidade, como xa avanzaba a propia exdirectora na súa derradeira entrevista antes de deixar o cargo. Pero cando un leva media vida, case literalmente, vencellado a un sitio, pasar a lideralo sempre é unha ilusión. É o que lle ocorreu a Manuel Mosquera, recentemente nomeado director do Museo de Belas Artes e que tivo o seu primeiro traballo no centro no ano 89, antes incluso do traslado ás actuais instalacións de Zalaeta.

“Empecei a traballar cuns contratos de formación no ano 89”, apunta Mosquera, que nos últimos anos estaba vencellado sobre todo á área de difusión, educación e actividades. “Estiven tamén no proxecto do novo museo”, apunta o novo director, que engade que aínda que tamén traballou noutros lugares antes de retornar, “a miña vida profesional está moi vinculada ao museo”.

Aínda que acaba de ser nomeado, a súa pegada nas exposicións tardará máis en verse: “Desde que empezan a pensarse pasan mínimo dous anos”. Pero ten claro que o centro de Zalaeta ten moitas aristas e hai que atendelas todas, como por exemplo a faceta educativa: “Este ano imos empezar cun proxecto para ofertar materiais e colaboracións aos centros que non poden vir fisicamente ao museo”, comenta.

Pero un dos traballos que tamén terá importancia é “a renovación da colección permanente”, porque “nos últimos anos entraron moitas pezas a través de donacións, adquisicións e depósitos”, relata. A idea é ir incoporando estas pezas aos fondos permanentes. “Este ano, a idea é empezar coa Xeración Doente, presentala doutro xeito”, indica, antes de engadir que tamén contactarán con outros museos para reforzar a colección desta xeración. “Tamén queriamos incorporar algúns depósitos e obras de pintoras galegas, que xa están representadas na colección, pero agora entraron pezas significativas e é posible remodelar un pouco esa parte do século XX, porque unha das donacións foron quince obras de Elena Gago, que pode ter máis significación no museo”, subliña, non sen puntualizar que tamén se lle pode dar máis protagonismo a outras figuras como María Antonia Dans.

A incorporación de escultura é outro aspecto no que Penas quería afondar e que Mosquera afirma que se fará. “Algunha peza vai entrar, para medrar a colección por aí tamén, estamos traballando nesa liña”.

Estabilidade e obxectivos

Pero se hai algo que centra o discurso de Mosquera é a estabilidade. O equipo que se formou en Belas Artes era algo do que presumía a anterior directora e que refrenda o seu sucesor. “Formamos un equipo con estabilidade e, ademais, temos moi boa relación entre nós, é moi importante”, asegura.

Agarda que poida incorporarse “xente nova” no futuro, “pero o fundamental é a estabilidade e logo a implicación que ten a xente”. Cando os traballadores están moi comprometidos no día a día, acaban “tendo unha querencia polo museo”, afirma.

Entre os obxectivos que se marca el mesmo, asegura que lle gustaría “facer un museo máis inclusivo, incorporar públicos que teñen dificultade no acceso á cultura”, algo no que o centro leva tempo traballando.

Outro punto é captar público local. “Está estudiado que os da propia cidade son os que menos visitan os museos propios, hai que traballar nesa parte”, indica, mentres lembra que, en breve, terán un programa de visitas chamado ‘Ao fondo’, que consistirá en visitas máis curtas “centradas nun par de obras”.

Outro obxectivo será “incorporar á colección parte da arte dos últimos 40 anos, habería que facer un esforzo para incluir a partir dos anos 80”.

Favoritos e soños

No plano persoal, asegura que hai tres obras ou artistas que podería identificar como favoritos no museo. Un é ‘Gabinete del coleccionista’, de Francken, porque “é un resumo do que é o mundo dos museos”. Outro é ‘Costas gallegas’, de Lloréns, “un dos meus favoritos”. “E logo, a obra de Seoane, un dos renovadores, é un dos meus preferidos e canto máis profundizas, máis interesante é”.

Cuestionado sobre obras que lle gustaría ver en Zalaeta, mira a Maruja Mallo, “para vertebrar a representación das pintoras”. Pero ten claro que, aínda sendo “moi difícil”, gustaría de ter “un Picasso da etapa coruñesa, sería interesante para o museo”.

Precisamente, as exposicións de Picasso foron os maiores éxitos do centro. Interesaría unha terceira, “pero noutros contextos, doutra etapa”. Pero tamén lle gustaría poder expoñer obras de autores que influíron neses renovadores, como Seoane: “Si un pensa, gustaría unha cousa de Matisse e outros artistas que foron importantes para eles”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620