Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, confesa cal foi o seu día máis difícil: "Sempre nos quedará na memoria"

O representante do Executivo central en Galicia repasa a súa traxectoria profesional e persoal cos socios de Nordés Club Empresarial

A presidenta de Nordés, Ángeles Ríos, e o delegado del Gobierno, Pedro Blanco
A presidenta de Nordés, Ángeles Ríos, e o delegado del Gobierno, Pedro Blanco
Javier Alborés
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

"Comezamos nisto como algo transitorio e xa levamos tres anos", confesou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, este venres en A Coruña durante a celebración da iniciativa Almorzos con Impacto, organizada por Nordés Club Empresarial, na que repasou a súa traxectoria persoal e profesional.

Naceu no concello rural de Monfero en 1968, aínda que relatou que é "santiagués de adopción", xa que tivo que "emigrar" moi novo para poder "estudar".  É licenciado en Dereito pola Universidad de Santiago de Compostela e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais. Exerceu como abogado e coordinou os servizos xurídicos de UGT.

Nomeamento nun momento "histórico"

A súa vida cambiou radicalmente fai tres anos, cando recibiu o encargo de sustituir a José Ramón Gómez Besteiro. En concreto, o día 13 de xuño de 2023, nun momento, como el mesmo explicou, "histórico", xa que unhas semanas antes tiveran sido as eleccións autonómicas e municipais, nas que o PSOE perdeu moito terreo en favor dos partidos da dereita, PP e Vox. E en pouco tempo ían celebrarse os comicios xerais.

Como foi ese momento no que tivo que dar ese paso adiante para estar en primeira liña política? A noticia chegoulle cando estaba nun parque en Valencia, durante unha visita coa súa sobriña de oito anos. "Recibín a chamada un domingo e leveime unha sorpresa. Alí decíanme 'que pasa'. Empezamos como algo transitorio e levamos tres anos", sinalou.  Cando lle preguntan como o leva, ten claro a resposta que da. "Ni tan mal. Son moi galego, creo que se nota a distancia", destacou. 

O día máis difícil

Neste tempo viviu moitos difíciles. Un deles foi o día do apagón, o 28 de abril de 2025, tal e como explicou. Nesa xornada, Blanco participaba nun acto en Ourense con motivo do nomeamento dun coronel da Garda Civil, cando marchou a luz eléctrica. Entón, a Delegación do Goberno recibiu a comunicación da Xunta de que se estaba a montar un CECOPI (Centro de Coordinación Operativa Integrado) en A Estrada (Pontevedra). Para alí marchou, xunto ao seu equipo, para participar nas tarefas de coordinación. 

A presidenta de Nordés, Ángeles Ríos, e o delegado del Gobierno, Pedro Blanco
A presidenta de Nordés, Ángeles Ríos, e o delegado del Gobierno, Pedro Blanco
Javier Alborés

Pedro Blanco explicou que a situación máis complicada chegou sobre as dez da noite, cando o Goberno galego declarou o nivel tres, no que o Goberno central asume o mando. "Alí permaneceron os directores xerais da Xunta e quedaron mirando para min e entón dime o meu xefe de gabinete que 'mandas ti, delegado'. Ese día sempre nos quedará na memoria. Foi unha das primeiras pedras", detallou. 

Outras situacións complicadas chegaron cos incendios do verán de 2025 e o afundimento do buque pesquero 'Argos Georgia', con oito galegos a bordo, momento no que tivo que chamar por teléfono "todas as noites as familias dos desaparecidos". 

Día a día

En canto ao traballo diario, asegurou que se levanta moi cedo para poder facer "os deberes" que lle pon o seu equipo, porque o delegado do Goberno ten que saber "algo de todos os ministerios".

Diante dos socios de Nordés Club Empresarial e da man da súa presidenta, Ángeles Ríos, o delegado repasou “o impacto real da acción do Goberno”, que chega “a cada concello, a cada barrio e rúa e a cada fogar de Galicia” a través das distintas políticas públicas. Sobre a xestión do Goberno, o delegado puxo en valor o compromiso do Goberno coa planificación a longo prazo e coa aprobación de respostas inmediatas a situacións non previstas.

O repaso á traxectoria persoal e profesional de Pedro Blanco produciuse no marco da iniciativa 'Almorzos con Impacto, un evento de Nordés que busca conectar a personalidades do mundo empresarial e político cos socios da entidades.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620