Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Coruña e Asturias bailan da man no Alcuentru Trad-Urbán

Noela Rey Méndez
21/03/2026 16:56

Galicia e Asturias estiveron máis preto que nunca esta fin de semana na Coruña. Co barrio de Monte Alto como centro de operacións principal, o Alcuentru Trad-Urbán volveu reunir amantes do folclore e a tradición para xuntos poñer en valor o baile e a música galegos e asturianos, coa asociacoón coruñesa Son d'aquí como anfitrioa.

A xornada comezou, como non podía ser doutra maneira, cunha festa. O CS Gomes Gaioso foi o punto no que se atoparon o venres pola noite por primeira vez bailadores, tocadores e cantareiros para desfrutar da tradición cultural. 

Este sábado o Alcuentru Trad-Urbán continuou cos obradoiros de baile e pandeireta (galegos e asturianos), que se celebraron nas aulas do Eusebio da Guarda. Pola parte galega foron impartidos por Xabier Espasandín e Tito Iglesias, dous dos mestres das Escolas de Son d’aquí. Co repertorio de Limiñoa (Ponteceso-Comarca de Bergantiños). Da parte asturiana encargaranse Rosa Cuervo e Xesús Torga (baile) e Raquel Vega Roza (pandereta asturiana), cun repertorio composto por Xota Tormaleo, Xota Modreiros, Palmeira, Jota Caldueño (H.ota Gallegada).

Para tomar forzas, os participantes nos obradoiros achegáronse até a sede de Son d'aquí, na rúa Santo Tomás, para comer na Espicha un menú composto por callos e curry con garavanzos e vexetais con leite de coco para a opción vegana. Non faltou, por suposto, a sidra, que se escanciou ás portas do local. 

Xa pola tarde, o centro cívico de Monte Alto acolleu faladoiro sobre os entroidos tradicionais, con especial protagonismo para o de Samede, en Paderne, único deste tipo que se conserva nas Mariñas coruñesas.

A festa terminou na praza de Indalecio Prieto cunha gran foliada que abriron as Cantareiras de Son d'aquí e as asturias Soi Panderetera, que puxeron a bailar todo o público que se achegou ate o gran encontro da cultura tradiciona galego-asturiana da Coruña.