Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

CUAC FM convoca á cidadanía coruñesa á Praza de María Pita para celebrar os seus 30 anos

Presentación dos actos organizados por CUAC FM
Presentación dos actos organizados por CUAC FM
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

CUAC FM deixa ver por diversos puntos da cidade neste mes de marzo no que cumplen exactamente os 30 anos de vida radiofónica no Campus de A Zapateria. Cun acto público a carón da paloma da paz de Picasso, onde a emisora instalou un totem informativo coa colaboración do Concello da Coruña. anunciaron os actos de celebración desas tres décadas nas que teñen pasado 504 programas diferentes pola programación da radio comunitaria.

O sábado 21 será o inicio das actividades deste mes de marzo. Ás 13:04 convidan a toda a cidade a formar parte da fotografía que o cámara Gutier Rolán captará como momento histórico e da que se farán posters para repartir pola cidade. As persoas que teñan a camiseta do pico do pato poderán lucila na fotografía. O evento titúlase O fotón.

Tamén se convoca este mes o 28º Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM con 5000 euros en premios. O prazo de inscrición estará aberto ate o 31 de maio. As bases poden consultarse dende o vindeiro sábado na web oficial cuacfm.org

O vernes 27 de marzo é o día exacto do aniversario e neste caso convocamos a toda a xente que lle gusta a música en directo ao Teatro Colón da Coruña para gozar das actuacións de César de Centi, Silvia Penide e Pedro Pastor con entradas á venda dende 13 euros.  Ese día imos agasallar con 50 libros do noso compañeiro Noel Turbulencias “Galicia Musicalidade” a parte das asistentes.  Xa levamos unha alta porcentaxe de entradas vendidas, por certo.

O martes 31 de marzo ás 18:30 estaremos na Libraría Lume coa segunda presentación do libro “Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM, con portada de Manel Cráneo a grandes colaboracións como a de Iñaki Gabilondo. A entrada é libre e levaremos libros de agasallo. Son gratuitos grazas a un convenio coa Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña.

Xa no mes de abril celebrarase na Coruña o Encontro Estatal de Medios Comunitarios. Será do 17 ao 19 de abril cunha xornada inaugural o venres pola tarde aberta ao público. Deste xeito, a Coruña converterase nesa fin de semana no epicentro dos medios comunitarios no estado español.

En maio, faremos unha maratón radiofónica con xornada de portas abertas na emisora.  Será entre o sábado 23 e o domingo 24 e pasarán polas ondas ducias de programas de diversas etapas da emisora. En xuño, o sábado 13, estaremos na Sede de Afundación coa Gran Gala dos Oscuacs, un evento que este ano tamén terá un formato especial, con recoñecementos a persoas ou colectivos alleos a CUAC FM. Haberá actuacións e a entrada será gratuita.

En xullo teremos unha actividade de irmandamento coa nosa emisora irmá de Ferrol, Radio Filispim.

En agosto, duas bandas galegas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao concurso para proxectos musicais de CUAC FM. En setembro, celebrarase a Batalla de Bandas do tramo estatal do concurso na Sala Mardi Gras. Será o sábado 19.

E, o sábado 10 de outubro, regresamos ao Auditorio de Afundación nos cantóns para darlle o pistoletazo de saída á programación 26/27 cun evento de humor que terá como protagonista ao noso programa máis mediático, Vellenials con máis sorpresas que se iran desvelando máis adiante.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620