Conferencias, cine e unha carreira popular: este é o programa completo de actividades polo 8-M na Coruña

O Concello da Coruña presentou o seu programa de actividades con motivo do 8-M. Nos vindeiros días, a cidade contará con diversos eventos. A programación comeza este martes (18.00 horas) co encontro “Mulleres que son e están”, no Auditorio Afundación (Cantón Grande, 8), un espazo de reflexión feminista, decolonial e interseccional para abordar como se cruzan xénero, racialización, clase social, orixe e situación administrativa e como estas dimensións condicionan o acceso aos dereitose ao recoñecemento. Participan Ebbaba Hameida Hafed, xornalista e escritora saharauí; Suiry Sobrino, xornalista peruana e activista feminista antirracista e decolonial; e María José Jiménez Cortiñas, traballadora social e activista feminista e antirracista vinculada á defensados dereitos do pobo xitano. A conversa estará moderada por Estíbaliz Veiga e contará cun peche musical a cargo de Lis Teuntor; haberá tamén intérprete de lingua de signos.
No eido da divulgación, o Concello impulsa o ciclo “Mulleres e saúde”, un espazo aberto ácidadanía para achegar información solvente e accesible sobre a saúde das mulleres desdeunha perspectiva integral e de xénero. Ao longo de cinco sesións en distintos puntos da cidade, abordaranse cuestións como a nutrición, o envellecemento saudable, a importancia do exercicio físico, a menopausa e a saúde mental, atendendo ás diferentes etapas e realidades vitais.
A programación incorpora tamén unha liña prioritaria de coeducación, con propostas noscentros educativos para traballar a igualdade desde a infancia, como o concerto–contacontos coeducativo “Cambia o conto” e os obradoiros de creación de xoguetes igualitarios, orientados a desmontar estereotipos de xénero a través do xogo e a creatividade.
No ámbito da mocidade, o Concello reforza a dimensión pedagóxica da campaña con actividades que poñen o foco na cultura dixital, a ética e a igualdade, abordando de maneira específica a participación nas redes, a misoxinia dixital e os retos que abre a intelixencia artificial para a democracia e os dereitos.
A cidade suma ademais unha programación ampla e descentralizada no eido cultural e comunitario, con accións nas bibliotecas municipais —entre elas propostas sobre saúde e unha mostra bibliográfica arredor de masculinidades e igualdade— e iniciativas nos centros cívicos, onde se traballará durante todo o mes de forma transversal con dinámicas participativas e referentes femininos.
Como grandes citas abertas á veciñanza, o Teatro Colón acollerá o ciclo “Mulleres de cine”,unha proposta que sitúa no centro creadoras e referentes culturais ao longo do mes demarzo; e, no eido deportivo, o sábado 14 de marzo celebrarase a Carreira Popular Torre de Hércules e a Andaina conmemorativa do 8-M nas inmediacións do monumento, facendo visible tamén no espazo público o compromiso colectivo coa igualdade.







