Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Ánxeles Penas: “Non penso que mereza tanto cariño, non estou afeita”

Unha vida adicada á poesía, á escultura, á pintura ou á difusión da obra doutros artistas valeulle á creadora curtiense unha homenaxe da Real Academia de Belas Artes

Ánxeles Penas, durante a homenaxe que se lle rendeu na Real Academia Galega de Belas Artes
Ánxeles Penas, durante a homenaxe que se lle rendeu na Real Academia Galega de Belas Artes
Patricia G. Fraga
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O xoves, a Real Academia Galega de Belas Artes acollía un acto en homenaxe á creadora Ánxeles Penas, “pola súa constancia e saber nunha obra de sensibilización e humanismo”. “Non penso que mereza tanto, non estou afeita a tanto cariño”, explica a creadora curtiense, que asegura que foi un acto “estupendo, marabilloso”.

Foi un acto promovido por persoas vencelladas ao mundo da cultura, como, entre outros, Xavier Seoane, Carlos Pereira, Felipe Senén ou Soledad Penalta, que fixo unha “moi bonita semblanza”. “Foi todo un acto precioso”, subliña Penas, antes de engadir que “veu tanta xente que algúns amigos entrañables quedaron fóra”.

Con motivo desta homenaxe do eido cultural coruñés, repasa parte da súa traxectoria poética e plástica. A primeira comezou, lembra, coa publicación de ‘Con los pies en la frontera’, editado a finais dos 70 grazas ao impulso da súa amiga e tamén poeta Luz Pozo Garza. Penas vai enumerando as súas obras, como ‘Galicia fondo val’ con Edicións do Castro ou ‘Yo soy para tu muerte’ co que “gañei o premio nacional Jorge Manrique” e que lembra que se tivo que reeditar. O seu labor poético estendeuse ata hai apenas uns anos con ‘O libro de Toth’.

O seu, explica, é “un espírito inquedo”, unha vocación artística á que foi dando saída de moitos xeitos. Ademais da escrita, tamén, “ao mesmo tempo”, coa escultura. “Son unha persoa moi inqueda, teño moito interese por aprender”, asegura a creadora curtiense.

Fala da súa obra plástica mentres explica que boa parte a rodea incluso na casa. É, como ela mesma di, “unha obra moi singular” que pode recordar a elementos da natureza, “pero que ten moitos elementos da abstracción”. Hai “moito simbolismo” nas súas pezas, non solo na escultura, “tanto na poesía como na plástica”, asegura a creadora multidisciplinar: “Interésame moito o simbolismo”.

Ese constante aprender do que falaba con anterioridade reflícteo ao lembrar as disciplinas que abordou. Aínda que a poética ou a escultura puidesen predominar un pouco máis, tamén pintou, “un pouco menos”, e mesmo estudou outras artes. Lembra a este respecto: “Estudei gravado en Betanzos, con Jesús Núñez, era amiga del”, explica a creadora multidisciplinar.

"Vida azarosa"

Esa inquedanza acompañou o que ela tilda de “vida azarosa”. Lembra que “xa casada” fixo a primeira carreira: Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. “Fixen tres carreiras”, recorda ao tempo que rememora o seu paso pola Complutense de Madrid para facer Belas Artes.

Mentres conta a súa vida académica, volve por un segundo ao campo da escultura e como é case xenética esta arte. “A miña familia eran traballadores da pedra, eu creo que está nos xenes”, explica cun sorriso.

As colaboracións no Ideal

A súa vida artística tamén decorreu poñendo sobre o papel o que outros facían. Comezou a facer páxinas de Cultura para prensa, ate que Juan Ramón Díaz, daquela á fronte de El Ideal Gallego, chamouna para facer críticas de arte no xornal. “Non lle podía dicir que non, estaba en débeda con el”, recoñece Penas sobre o inicio dunha colaboración que se estendeu durante moitos anos ate o pasado 2025.

Lembra sobre ese aspecto da súa vida artística que sempre fixo os seus textos sobre a obra doutros artistas “con moito cariño”. “Se a obra me parecía mala, non escribía, os meus comentarios sempre foron eloxiosos”, recoñece a artista.

A pesares de vivir unha época de efervescencia artística na década dos 80, “agora parece que a cousa está un pouco máis parada”, hai “menos entusiasmo que nos 80”, aínda que asegura que “eu non fago estudos de situación”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina