Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Ángel García Seoane | “Pucho Boedo viña moito a cantar ao camping Las Tinajas”

O alcalde de Oleiros formou parte, en diferente época, de Los Trovadores, orquestra á que o 'crooner' do Ventorrillo puxo voz

El alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane
El alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane
Quintana
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A moitas persoas témolas encasilladas nunha posición, aínda que nunca esconderan, nin moito menos, as súas aventuras pasadas. É o caso do alcalde de Oleiros, Ángel Garcia Seoane, ‘Gelo’, que nunca escondeu a súa faceta musical, que o leva a compartir grupo, aínda que non tempo, con Pucho Boedo, a quen o Grupo Editorial El Ideal Gallego rende homenaxe este domingo no Palacio de la Ópera coa gala ‘Bícame Pucho’.

Gelo foi o batería de Los Trovadores, a mesma formación da que formou parte o ‘crooner’ do Ventorrillo, durante 17 anos. “Eu entrei o día de Fin de Ano do 69 nos Trovadores”, explica o rexedor oleirense, que lembra que o cantante xa deixara a formación para continuar a súa triunfal carreira con Los Tamara.

La batería de García Seoane cuando estaba en Los Trovadores, en una exposición en Santa Cruz en 2014
La batería de García Seoane cuando estaba en Los Trovadores, en una exposición en Santa Cruz en 2014
Quintana

“Nós, cando se puxo mal, Los Trovadores, con outras orquestras como Los Satélites, fixemos distintas homenaxes por toda Galicia á figura de Pucho”, comenta García Seoane en referencia aos problemas de ril de Boedo, que cortaron a súa traxectoria nos anos 70, aínda que seguiu cantando ata poucos días antes do seu pasamento en xaneiro de 1986.

“Pucho era veciño de Perillo”, explica o alcalde, que lembra que a familia tivo unha casa alí. Lembra García Seoane que o cantante pasou tempo en Mallorca, para someterse a diálese, con Amador Cortés, “ese home de Betanzos que o axudaba moito, moitísimo”. “Pero cando volvía para aquí, residía en Perillo”, asegura.

A pesares de non coincidir no tempo en Los Trovadores, coñecéronse en persoa. Lembra o rexedor que Boedo “viña a cantar moito ao camping Las Tinajas, aquí en Dorneda, e eu era moi asiduo aos seus concertos”. “Daquela xa estaba moi maliño, pero cantaba o ‘Sahara’... eso era unha cousa que facía chorar”, asegura.

Era unha persoa cunha sensibilidade especial, foi a primeira persoa que cantou en galego neste país"Ángel García Seoane

“Era unha persoa afable, tiven a sorte de poder conversar con el máis dunha vez, e de facerlle homenaxes coa orquestra”, rememora, antes de volver a engadir: “Estaba moi vinculado a Oleiros”.

Seoane ten claro que ‘Sahara’, aquel bolero moruno que Boedo trouxo de América tras unha viaxe con Los Satélites a Venezuela, é un dos seus temas favoritos na voz do ‘crooner’ coruñés. “Cantábaa cunha sensibilidade tremenda”, asegura, antes de matizar: “Calquera cousa que Pucho cantase... porque Pucho non era un cantante solo, Pucho era un poeta, unha persoa cunha sensibilidade especial, foi a primeira persoa que cantou en galego neste país”, lembra en referencia a aquelas cancións que gravou con Los Tamara e a aquelas versións de letras de Rosalía, Curros ou Celso Emilio Ferreiro que Boedo cantaba polos escenarios de Galicia, España e incluso de Europa. “Era unha das persoas máis destacadas de Galicia no tema musical, como artista e como cantante”, engade o rexedor.

Preguntado por si ve a alguén capaz de ser hoxe en día o que foi Pucho Boedo no século pasado, Ángel García Seoane teno moi claro. “Eu non vexo a nadie como Pucho hoxe en día, non o vexo”. Aínda que lembra unha figura de moita importancia, recentemente falecida e que tamén foi voz de Los Satélites: Sito Sedes. “Sito Sedes era unha autoridade tamén”, afirma, aínda que volve ao fío da figura do cantante nado no lugar da Silva: “Pero como Pucho, Pucho houbo un solo”, asegura o alcalde de Oleiros e batería de Los Trovadores durante máis de tres lustros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina