Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Ortiga | "Pucho Boedo compuxo unha das cancións que máis dictaron a miña vida musical"

Será unha das voces da gala 'Bícame Pucho' que organiza El Ideal Gallego o 8 de febreiro no Palacio de la Ópera

Ortiga
Ortiga
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A gala 'Bícame Pucho', que o Grupo Editorial El Ideal Gallego organiza, en colaboración coa Televisión de Galicia, o 8 de febreiro no Palacio de la Ópera, será unha conxunción de voces tradicionais e novas xeracións.

Neste segundo grupo se podería encuadrar Ortiga. A traxectoria musical do compostelán está estreitamente ligada á verbena e aos seus devanceiros musicais, polo que a gala en homenaxe ao 'crooner' do Ventorrillo era case unha cita obrigada.

Como xorde a oportunidade de participar nesta gala? 

De forma moi sencilla. Un día, Paco Lodeiro me chama e me di que se está a organizar esto e que non podo faltar. Eu son moi fan de Pucho Boedo e, ademais, teño aí unha historia ligada a ‘A Santiago voy’, porque foi unha versión que gravei con Novedades Carminha e despois con Pili Pampín. A verdade é que Pucho Boedo compuxo unha das cancións que máis dictaron a miña vida musical.

Lembra cando escoitou a Pucho por primeira vez? 

Perfectamente. Tiña un tío que cantaba sempre ‘A Santiago voy’. Eu son de Santiago e cando ía velo ao pueblo, ao volver para Santiago el cantaba “a Santiago voy ligerito caminando”. Sempre foi unha canción moi recurrente dentro da miña familia. El morreu hai anos, pero sempre que pensamos nel, inmediatamente pensamos en ‘A Santiago voy’.

Que tiña Pucho Boedo para que siga tan presente incluso nas novas xeracións? 

Boa pregunta... Eu podo dicir o que me fai conectar con el sendo doutra xeración tan diferente. Eu boto moito de menos que exista música en galego polo puro placer de ser música en galego. Creo que Pucho fixo moitas cancións que representaron unha cultura e unha época moi concretas e, aínda así, foi capaz de que esa representación fose exportable a outras épocas. En ‘A Santiago voy’ usa vocabulario e frases dunha forma que non é a miña xeración, pero a esencia sigue sendo superactual. Aínda que pasasen os anos, seguimos sendo galegos, emigrantes, morriñentos... Creo que é por eso, polo menos no meu caso.

É posible que exista unha figura como a de Pucho hoxe en día? 

Ostras... esas valoracións deberían facerse ao final das carreiras porque nunca sabes. Eu penso que a mellor canción aínda está por facer. Por hoxe non se me ocurre nada, pero temos referentes como Rapants, Baiuca, Fillas de Cassandra... que chegarán a ter a súa propia magnitude.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina