Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

As novas xeracións da nosa música tamén se miran na voz do ‘crooner’ do Ventorrillo

A gala ‘Bícame Pucho’, que o domingo lembrará no Palacio de la Ópera a figura do cantante coruñés, contará con voces máis clásicas, como Paco Lodeiro e Los Satélites 

Ortiga y Eris
Ortiga y Eris Mackenzie 
El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A gala ‘Bícame Pucho’, que o Grupo Editorial El Ideal Gallego, en  colaboración con Televisión de  Galicia, organiza este domingo 8  de febreiro, ten como fin lembrar a figura de Pucho Boedo cando se acaban de cumplir 40 anos do seu pasamento.

Que o seu legado permanece na cabeza dos galegos vese dun xeito moi sinxelo ao ver a resposta do público, que esgotou en apenas uns días os convites para acudir á gala que se celebrará no Palacio de la Ópera.

Pero tamén se ve na forma da propia gala. Como explicaba Paco Lodeiro nunha entrevista con El Ideal Gallego, o domingo haberá unha parte “máis tradicional”, que conforman el e a orquestra Los Satélites. Pero hai tamén unha forte representación de talentos actuais que, dun ou doutro modo, estiveron influenciados polo ‘crooner’ do Ventorrillo. É o caso de Ortiga e de Eris Mackenzie, pero tamén de César Romero, Yennia, Manoele de Felisa ou Gabriel Fandi.

I é que, como contaba Lodeiro, nos coches de miles de familias galegas sonaban as cancións dos Tamara, dos Satélites ou das bandas e artistas que posteriormente continuaron o seu legado musical. Así que non é estraño que agromen nas novas xeracións os ecos da poderosa e sentimental voz do ‘crooner’ do Ventorrillo. 

Deste xeito, no Palacio de la Ópera sonarán o domingo algunhas das cancións que durante décadas os galegos escoitaron na voz de Boedo, agora reinterpretadas por algunhas das nosas novas voces musicais galegas.

E, ao mesmo tempo, lembrarase que a figura de Pucho Boedo tamén foi un novo talento nalgún momento da súa vida, cando comezou a cantar en Radio Juventud, nos anos corenta, e cando comezaba a aparecer nos xornais como intérprete das orquestras Ubierna, Ambar e Oriente, antes de acadar triunfos con Los Satélites, Los Trovadores e Los Tamara.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina