Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O Concello da Coruña e a APC entregan os premios Pérez Lugín e Cronista Emilio Quesada

Recepción no concello aos gañadores dos premios Pérez Lugín e Emilio Quesada
Recepción no concello aos gañadores dos premios Pérez Lugín e Emilio Quesada
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Os xornalistas Xurxo Fernández e Sofía Vázquez recibiron este venres, respectivamente, os premios Pérez Lugín e Emilio Quesada polas súa sobras “Motivos para perder o tren” e “50 años de Zara: desde Galicia a la conquista delmundo”. 

Recibiron este recoñecemento nun acto presidido pola alcaldesa, Inés Rey no Palacio de María Pita. Tamén interveu na entrega Doda Vázquez, presidenta da Asociaciónda Prensa da Coruña

A temática do Pérez Lugín deste ano era “Do tren de Lugo ao AVE: 150 anos de ferrocarrilna Coruña”. Os traballos presentados debían, co fío condutor da historia e evolución dasconexións ferroviarias da cidade, debuxar un relato autoral baixo a forma de calquera dosxéneros xornalísticos. A obra elixida narra, no transcurso dunha semana e con estilo dereportaxe, pequenas historias de viaxantes que pasan pola estación coruñesa. “Subín aoúltimo tren celebrando os 150 anos do primeiro; no momento preciso para que a miñaavoíña e a súa bisneta poidan compartir o salón de plenos con este coruñés”, apuntou Fernández.

Dada a actualidade do tema central da edición deste ano, a alcaldesa tivo no seu discurso palabras de recordo para as vítimas do accidente de Córdoba e as súas familias. “O texto de Xurxo Fernández lémbranos que detrás dos mares de xente que navegamos todos os días hai rostros concretos. Historias concretas. Soños concretos. Soños que nun só segundo de dor poden ser arrincados para sempre, como por desgraza pasou hai moi pouco en Córdoba. E pérdense todos eses proxectos e todos eses soños. Só revividos pola memoria dos que se quedan e os que se negan a esquecer. Polos relatos que manteñen asluces prendidas”, dixo.

Pola súa banda, Sofía Vázquez resultou gañadora do premio Cronista Emilio Quesada -que celebra a figura deste xornalista, falecido hai uns meses e que foi decano da profesión na Coruña- por unha ampla reportaxe que percorre a historia de Zara con motivo do seu 50 aniversario. “O texto é un percorrido detallado pola vida dun dos proxectos empresariais máis exitosos dahistoria, sempre á vangarda da moda e a innovación”, subliñou Inés Rey.Vázquez mostrouse "emocionada e feliz" de recoller o galardón. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620