Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Sés | “Como facedora sentín a necesidade de que as cancións funcionasen por si mesmas”

A cantora coruñesa estrea os días 10 e 11 no Colón o seu noveno disco, 'Nadando na incerteza'

Sés
Sés
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

María Xosé Silvar, ‘Sés’, pechou o 2025 cun novo traballo doblemente físico, ‘Nadando na incerteza’. I é que nun momento no que o que manda é o dixital, a cantora coruñesa apostou por un libro-disco no que ampliar as súas cancións con textos. Agora, volve aos escenarios para presentar en sociedade as novas cancións e a primeira cita serán os días 10 e 11 no teatro Colón.

Como xorde o concepto do disco, que di que é unha nova etapa na súa traxectoria? 

En realidade non o digo eu, non é unha cuestión de que eu considere que é unha nova etapa, a priori digamos, non hai unha vontade de marcala. No anterior que, dalgún xeito, percibín que había unha etapa que se pechaba, sentín un pouco que ese primeiro curso de ir á escola dos pequenos (sorrí), ese primeiro paso, acababa aí. Sempre me sentín unha novata, e sígome sentindo dalguha maneira. No anterior sentín que pasaba do parvulario á escola dos maiores. Pero non é unha cuestión de que eu queira abrir unha etapa, síntoo así, sinto que, efectivamente, hai un salto de nivel, sobre todo de coñecer máis a profesión, o oficio e a parte máis técnica.

É dese coñecemento do que nace querer cobrar máis protagonismo en todos os pasos de creación? 

En realidade non é unha cuestión de cobrar protagonismo, é unha cuestión de que me apaixona esa parte. Sempre digo que tiven a inmensa sorte de chegar por casualidade a unha profesión que descubrín que me apaixona. Pero non só cantar, eu sería feliz traballando para outras personas, apaixóname estar no estudo, facer cancións... Máis que unha cuestión de protagonismo, dominar esa parte do proceso é algo que che fai abarcar a música doutra maneira, abarcar moito máis o que queres facer e, sobre todo, levar a máis xente o que tes na túa cabeza.

É un disco con menos capas de produción, como decide mostrar algo máis ‘sinxelo’ e natural? 

Nace da cuestión do meu consumo. Son consumidora de música, escoito moito o que se está a facer, as novidades, o que fai a xente nova... E nesta última etapa, como consumidora estaba marcada por ese punto de empalagamento, estamos a vivir un momento de sobreprodución, de poñer o foco na forma en detrimento do fondo. Como facedora sentín esa necesidade de ir á esencia, que as cancións funcionasen por si mesmas, que non dependensen da producción, e darlle protagonismo ao texto.

E nun momento no que non se presta moita atención ao disco, non só aposta por el, senón que tamén polo formato libro. 

Aí si que tivo que ver iso que dis, efectivamente está clarísimo que o disco está morto e enterrado como obxecto. A maioría, entre os que me inclúo, compramos incluso máis vinilo, case como fetiche, porque escoitamos un día ou dous e logo escoitámolos nas plataformas. A maioría nin sequera ten un sitio para reproducir un CD. O primeiro que me plantexei foi non sacar nada, non vou estafar á xente, porque me parecía unha estafa. Pero a xente que me rodea dicía que por que non facía por escrito eso de introducir os temas, o meu xeito de ubicalos no marco da canción. Dábame pudor. De feito, custoume máis parir este disco que os outros oito multiplicados por tres. Engrosar o corpus na nosa lingua de obras diferentes, de obras que aporten normalidade ao noso contexto lingüístico. Esa foi a razón.

Non só cantar, eu sería feliz traballando para outras personas, apaixóname estar no estudo, facer cancións...

Comeza a xira no Colón. Xogar na casa é máis sinxelo ou é un peso extra? 

Mira, vouche dicir unha cousa, nunca me puxen nerviosa ao subir ao escenario, téñolle un respecto espectacular ao público e claro que me entran os nervios normais. Pero ese peso esaxerado de ter como pánico, medo, ás cousas, non o tiven. O meu compañeiro Xavier Ferreiro, percusionista de Luar na Lubre, ten unha frase que me gustá moito: “Sabes o mellor do noso traballo? Que non somos ciruxiáns”. Entón, eu dígoche: Sabes o mellor de todo? Que non son ciruxiá. Toda esa presión é froito da túa vaidade e a min non me gusta ser vaidosa, trato de restarlle importancia a esas cousas. Entendo o que me queres preguntar, claro que me fai ilusión que veñan os meus amigos, veciños... Pero iso vívoo case como unha nena, porque cando volvo ao meu barrio, sinto unha felicidade brutal. Cando vexo determinadas caras... estáseme poñendo pel de galiña mentres cho digo (ri), cando vexo esas caras no público, claro que me fai ilusión, porque me sinto na casa, iso é a hostia.

Nunha das cancións di que “é moito máis literario todo aquelo que calei que o que escribín”. Quedaron moitas cancións polo camiño até quedarse con estas trece? 

(Ri) É gracioso que me preguntes isto. Todos os discos, agás o primeiro, teñen doce. É unha chorrada, pero sempre fixen doce. Gravaba unhas catorce e quedaba coas doce mellores. Neste gravei trece e cando llas ensinei á xente que sempre llas ensino, todos dicían que non quitara ningunha (ri), por iso son trece. Sempre quedan cancións polo camiño, porque nunca me sento a escribir discos. As que quedan no camiño son as que quedan no caixón para outro momento (sorrí).

As músicas de creación colectiva son indisolubles do código vehicular no que se orixinan, ninguén canta muiñeiras en polaco

Hai unhas semanas, convertíase en nova que Tinho cantara en ‘OT’ unha das súas cancións. Non lle sorprende que nun momento que dicimos que é o mellor da nosa música tradicional, que máis xóvenes se volcan con ela, nos sorprenda que un rapaz da Coruña cante unha canción en galego en Madrid ou Barcelona? 

A clave está no que dis. Eu matizaría, está no seu segundo mellor momento, o outro sería a finais dos 90. Hai unha cousa determinante no que dis, o que está nun bo momento é o que os chavales chaman ‘electrotrad’. Pero hai que facer unha reflexión, as músicas de creación colectiva son indisolubles do código vehicular no que se orixinan, ninguén canta bulerías en alemán ou muiñeiras en polaco. Teñen unha ligazón irrompible co idioma no que se fan. Non hai que confundir a escena en galego por canta de natura, a tradicional, co resto da escena, e menos hai que ser torpes e ligar eso coa situación sociolingüística, porque o galego está no seu peor momento. Hai moita xente que fai música tradicional e non usa o idioma para falar. Outra cousa é facer rock ou hip hop en galego, esa escena está como sempre. E a proba, precisamente, é que siga sendo noticia, porque non é noticia que se cante en catalán, porque só é noticia o excepcional. É a proba de que non estamos en tan bo momento.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620