Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Xabier Díaz | “Os mozos superaron a nosa expectativa en canto ao retorno do amor que lle iban dar á nosa música”

O músico coruñés ofrece un concerto especial de Nadal este sábado no teatro Colón (20.00 horas)

Xabier Díaz, nunha imaxe promocional
Xabier Díaz, nunha imaxe promocional
Carlos Abal
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

Este sábado (20.00 horas), o teatro Colón acolle unha celebración especial, a do concerto de Nadal de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, para o que o músico coruñés promete algunha que outra soprresa.

Que pode esperar quen acuda o sábado ao Colón a este concerto especial de Nadal? 

Pois é eso, realmente é un concerto especial, no sentido de que facemos unha sorte de resumo dos catro discos, poñemos especial énfase no último, en ‘Axúdame a sentir’, que se presentou precisamente no Colón o ano pasado. Haberá algunha pequena sorpresa, algunhas en forma de cancións un pouco inesperadas, algunha vencellada a esta época do ano, e algunha sorpresa en forma de colaboración, que tampouco quero desvelar porque senón perdería un pouco a gracia para os que van ao teatro (ri). Así que é especial, para nós tamén, porque despois dunha xira moi longa, son os últimos concertos do ano e é unha celebración tamén para nós.

Precisamente, como foi a xira de 2025? Porque viaxaron a Montevideo, Buenos Aires, Francia... 

Foi intenso. Teño a sensación de que foi un ano moi intenso, no que non houbo moito tempo para pensar, xa non digamos para facer música nova nin nada polo estilo. Foi un ano de moita furgoneta, moito avión, de estar cambiando de rexistro, porque a América fomos en formato de trío, despois regresamos para facer o resto da xira con banda. Foi ese típico non parar, tiven esa sensación de moita vertixe, de estar permanentemente cargando a furgo para saír da casa outra vez, con moita alegría, por suposto, porque somos moi afortunados. Pero foi intenso.

Pero entendo que pagou a pena. 

Absolutamente (sorrí). Como che digo, sentímonos moi afortunados. Ademais, tocamos en sitios moi dispares. Como dicías, arrancamos a xira en Arxentina e en Uruguai, facendo concertos a trío, nos que ademais recordo que estiven un pouco fastidiado da garganta nos primeiros concertos e, precisamente, polo feito de telos sacados adiante foron tremendamente emotivos, nos que a nosa parroquia de aló se puxo para que foran así, concertos moi especiais. Logo, como dis, pasamos por Europa, estivemos en Lorient, facendo un concerto a cuarteto co guitarrista que agora nos acompaña. Estivemos en Gante, en Bélxica, nun festival moi trascendente. E logo xa todo o que foi a xira de verán coas Adufeiras, concertos moi concurridos.

En Arxentina e Uruguai apoia a diáspora, pero como son os concertos en Gante ou Lorient, onde quizáis non estamos tan presentes? 

O caso concreto deses concertos en Bélxica ou Francia, si que é verdade que foron no marco de festivais que teñen un público moi cultivado, por decilo dalgunha maneira, un público que mesmo nesas latitudes coñece a nosa proposta, que sabe máis ou menos o que vai escoitar... nese sentido hai unha complicidade importante por parte deles. Pero, sobre todo, hai curiosidade, e a min gústame ese público que ten un background de música folk e tradicional importante. Está moi ben porque están ávidos de escoitar que é o que lles traes desta volta. É moi agradable tocar para públicos así.

A efectos de celebración, de agradecemento, sempre vai ser insuficiente o que fagamos, porque o que fixeron elas por conservar o noso ADN é impagable

Como di, foi un ano intenso de concertos, pero aínda así puido sacar adiante o proxecto do ‘Cancioneiro galego serodio’. Como xurdiu o querer mostrar agora este traballo que fixo durante varias décadas? 

Foi un ano especial, porque a Real Academia Galega (RAG), creo que reparando unha inxustiza histórica, dedicou o ano a esas mulleres que gardaron ese patrimonio inmaterial na súa memoria, e tamén o groso do cancioneiro lírico popular do noso país. Eu enmarquei nesa celebración, como a miña propia celebración, a saída do cancioneiro, que era un vello soño que tiña, pero que por cuestión de tempo sabía que iba ser difícil de levar adiante, porque implicaba a reescoita de todos os materiais gravados. Nun ano de xira intensa fun capaz de sacar adiante esa transcripción, xunto cunha parte importante gráfica, de fotos, de retratos sacados nesas gravacións. Estou moi contento porque é un álbum case da miña xuventude, porque é un álbum daquela viaxe, unha viaxe que comezou cando tiña 20 anos e que rematou nos albores dos 40. Estou contento, primeiro pola celebración, porque penso que era unha forma moi bonita de celebrar eu mesmo este ano, e despois porque queda aí transcrito e plasmada unha parte importante daquela viaxe que fixen. Creo que co paso dos anos está a coller unha dimensión, polo menos personal, moi importante, porque naquel momento non eramos nin tan sequera conscientes da importancia do que estabamos a facer.

Como di, a RAG repara unha inxustiza histórica, estase a poñer algo máis en valor o traballo que fixeron moitas personas durante décadas, pero, cre que é suficiente ou queda moito por facer? 

A efectos de celebración, a efectos de agradecemento, sempre vai ser insuficiente todo o que fagamos, porque o que fixeron elas foi conservar unha parte fundamental da esencia do noso ser, do noso ADN, da nosa construción como sociedade e como pobo. Iso é impagable. A miña carreira e a miña vida, dalgunha maneira, tamén se entrega a ese agradecemento, e non ten límite, non ten fin. Eu non vou deixar de celebrar nin de agradecer. No meu caso non se salda cun ano de celebración, iso é ad finitum, non ten remate, temos que estar permanentemente agradecidos. Cada vez que me subo a un escenario, estou agradecéndolles todo ese patrimonio que nos legaron, toda esa materia coa que hoxe construimos novos discursos.

Foi un ano típico de non parar, tiven esa sensación de moita vertixe, de estar permanentemente cargando a furgo para saír da casa, pero con moita alegría, somos afortunados

Ve nas novas xeracións interese por continuar ese traballo de recuperación de todo ese legado lírico popular? 

Se viaxamos á recén celebrada Foliada da Fonsagrada, xa temos a resposta. É tremendo. É algo que non sospeitaba hai 30 ou 35 anos, cando empecei. Non sospeitaba que a música tradicional, que o baile tradicional, ía saír do entorno das agrupacións folclóricas para manifestarse dunha maneira espontánea na rúa, non sospeitaba que se iba a practicar por decenas de miles de mozos, non sospeitaba que iban facer con ese amor, con ese respecto e esa vixencia, vitalidade e renovación que dan nova vida. Aí si que me superaron, sempre digo que os abrazo, que os quero moito, que superaron calquera expectativa que puideramos ter aqueles que empezamos cando tiñamos 20 anos. Superaron a nosa expectativa en canto ao retorno do amor que eles lle iban a dar á nosa música e ao noso propio baile. Nese sentido, síntome moi agradecido á mocidade deste país.

Pecha o ano con estes concertos de Nadal. Hai xa proxectos para o 2026? 

Estamos traballando en materiais novos. Regresando un pouco a aquel ‘The tambourine man’, con esa ilusión case do novato, con moita obsesión, levándome a música á cama en noites insomnes. Moi contento nese sentido de recuperar esa pulsación case obsesiva de facer novas músicas. 

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos