Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Parte do legado de Siro López xa forma parte do patrimonio cultural da Universidade da Coruña

O acto celebrado esta mañá de doazón do legado de Siro López á Facultade de Filoloxía, que contou co propio artista
O acto celebrado esta mañá de doazón do legado de Siro López á Facultade de Filoloxía, que contou co propio artista
Carlota Blanco
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina

A Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC acolleu este mércores o acto de entrega da doazón bibliográfica de Siro López á Universidade da Coruña, o cal contou coa participación do reitor da UDC, Ricardo Cao; o equipo directivo da facultade, e o propio artista, que estivo acompañado de compañeiros e amigos.

Cao agradeceu ao humorista a súa xenerosidade en favor da institución educativa, que velará pola conservación destes fondos transformándoos nun recurso accesible para a comunidade académica.

Este legado, consistente en preto de 1700 volumes sobre artes gráficas e unha colección hemerográfica, funciona como fonte de información sobre a evolución social e política de varios países a través do prisma do humor gráfico. Comprende desde publicacións esenciais españolas dos séculos XIX e XX (El Motín, La Codorniz, El Jueves) ata fondos dedicados a Galicia (El Barbero Municipal, Chan), destacando a obra de Castelao, así como revistas de Portugal (Sempre Fixe) e Hispanoamérica (Caras y Caretas), facilitando o estudo comparado das culturas satíricas transnacionais.

Fondos de gran calado para a investigación e os estudos culturais

O Consello de Goberno da UDC aprobara a doazón deste legado bibliográfico do humorista e ensaísta galego en xuño do ano 2024 e en Consello Social en xullo desde mesmo ano.

Agora xa forma parte da Biblioteca da Facultade de Filoloxía esta colección de publicacións que constitúen unha achega patrimonial e documental de gran calado para a investigación e os estudos culturais.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina