Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

María Toro | “Todos os muros que nos impón a vida, a música lévaos por diante”

A artista coruñesa presenta traballo, 'Mestura', hoxe no Colón, o lugar onde deu o seu primeiro concerto con só catro anos 

María Toro, durante unha gravación
María Toro, durante unha gravación
Cedida
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

A de hoxe no teatro Colón (20.00 horas) é unha cita especial. Non só porque María Toro toque na casa, senón porque presenta o seu novo traballo, ‘Mestura’, e o presenta sobre as mesmas táboas sobre as que deu o seu primeiro concerto, “con só catro aniños”. Agora presenta traballo, dentro do ciclo provincial ‘Músicas posíbeis’, e adianta que contará con convidados.

Como xurdiu ‘Mestura’? 

Mi madre (ri). É unha cousa que levo cociñando moitísimo tempo. É o cuarto disco e penso que cos outros xa estaba cociñando ‘Mesutra’, porque é unha recopilación de músicas populares, despois de ter viaxado por moitos lugares do mundo, moitos países, diferentes continentes e ter a oportunidade de ter moitos intercambios culturais con artistas de moi diversas escoas. Así acabo desenvolvendo ese folclore que desemboca no folclore de Galicia.

Nalgunha ocasión dixo que é unha nova etapa que racha con todo o anterior. 

Si, porque é como voltar ao berce, como reconectar coa raíz e coa esencia. Tamén porque estou outra vez reconectando cos primeiros instrumentos, coa pandeireta e coa voz. É algo que nos outros discos non me atrevía a facer, parece que estou recuperando un pouco esa nena (sorrí).

Nalgunha canción mestura esas letras que moitos cantamos algunha vez, pero cunha voltiña. 

Como tiven moito contacto con músicas populares, viaxei moito a África ultimamente, tamén a Latinoamérica, estiven en contacto co jazz, co flamenco, coa música popular brasileira... parece que todas esas músicas populares se misturan entre si, pero teño tendencia a volver á orixe de todo iso. Faltaba algún elemento que me levase á terra, algo tradicional, por iso xurdiu a idea de poñer esas letras por encima das composicións.

É a demostración de que na música non hai barreiras. 

Lévoo pensando desde hai moitísimos anos, que non existen as fronteiras. Todos os visados e os muros que nos impón a vida, a música lévaos por diante. A música, e a arte en xeral. Eu penso que non existe barreira ningunha. Penso que ata é a nosa obligación, dos artistas, a de conservar o tradicional, pero tamén coa licencia de darlle o noso punto de vista.

Penso que ata é a nosa obligación a de conservar o tradicional, pero tamén coa licencia de darlle o noso punto de vistaMaría Toro

Con isto, que lle diría ao público do Colón que pode esperar? 

Unha gran festa, porque vamos estar moitos dos participantes do disco. Moitas convidadas. Un concerto especial para min, porque presento o disco na miña cidade, onde nacín, onde me criei, con familiares, amigos, xente moi querida. Outra cousa importante, o teatro Colón é o primeiro lugar onde toquei o primeiro concerto da miña vida, fíxeno cando tiña só catro aniños. É bastante especial.

Xusto iso, da máis responsabilidade ou a quita? 

Non, da moitísima máis. Para min, desde logo (ri). Cando vou tocar a África, si eres un pouco allea, quitas un pouco de peso. Pero cando vas tocar e o público ten nome e apelidos, a min imponme moito máis, porque hai moita carga emocional.

E tras o Colón, cales serán os próximos pasos? 

Teño Madrid e Lugo e acabo a temporada. Toca descansar e facer a axenda de 2026.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara