Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Carmen V. Valiña recibe o Premio Narrativa Breve Repsol pola súa obra 'Illa de sangue'

Xosé Manuel Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia; Natalia Barreiro, directora do Complexo Industrial de Repsol A Coruña; Carmen V. Valiña gañadora do Premio e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística,
Carmen V. Valiña recollendo o premio
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara

A escritora, Carmen V. Valiña, recibiu esta tarde en A Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega grazas á súa obra Illa de sangue e foi galardoada con 12.000 euros e coa publicación do seu libro por parte da Editorial Galaxia, que xa se pode atopar nas librerías.

A entrega celebrouse na sede da Fundación Paideia Galiza e contou coa presenza de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Natalia Barreiro, directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia, quen presidiu o acto. 

Carmen V. Valiño
Carmen V. Valiño
Cedida

Tamén asistiron representantes institucionais como o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, así como os concelleiros de Cultura da Coruña e Arteixo, Gonzalo Castro e Dolores Dubra, ademais de autoridades, membros da corporación municipal e representantes de entidades sociais e empresariais. 

O evento pechouse cun recital musical a cargo de dous integrantes do grupo galego de música tradicional Xiro: a vocalista e percusionista Icia Kirk e o acordeonista Xan Pampín. 

Unha obra entre a memoria e o misterio

Na súa XIX edición, o premio recibiu máis de corenta obras inéditas de entre 50 e 120 páxinas. Illa de sangue destacou pola súa estrutura narrativa e o tratamento da memoria histórica. 

Segundo explicou o voceiro do xurado, Fran Fernández Davila, a novela sobresae “pola súa habelencia para nos mergullar nun xogo de espellos temporais que nos traslada aos difíciles días da inmediata posguerra e ao mundo dos represaliados, ao tempo que nos sitúa nun presente convulso coa illa de San Simón como escenario simbólico”. O ditame salienta tamén “a prosa de fino burilado e tinturas líricas” e o seu desenlace, que cualifica como “sorprendente e desacougante”. 

Unha autora entre a investigación e a ficción

Nacida en Baio (A Coruña, 1985), Carmen V. Valiña é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora de PeriFéricas, Escola de feminismo as alternativos. 

A súa traxectoria combina investigación histórica, centrada na memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX, coa creación literaria, onde predominan os temas do mundo rural, as lembranzas e a autobiografía. En 2025 publicou o ensaio As tolas que non o eran (Galaxia), froito do seu estudo sobre as mulleres internas de Conxo.

Participou en diversas residencias literarias, entre elas a Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento, a residencia da Illa de San Simón e, este ano, foi seleccionada para a V Residencia Literaria da Cidade da Cultura, REGA 2025.

0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara